城堡

Torre da Penela

Cabana de Bergantiños · A Coruña

Torre da Penela

O castelo da Penela ou torre da Penela é unha construción fortificada situada no lugar da Penela (A Silvarredonda, Cabana de Bergantiños). == Historia == O antigo castelo foi fundado por Lope Bermúdez, que emparentou coa liñaxe dos Altamira casando con Urraca de Moscoso, descendente da liñaxe dos Bermúdez de Traba. Era parte dunha rede de fortificacións fronteirizas para a defensa da comarca de Bergantiños. Con posterioridade pasou a ser patrimonio dos condes de Priegue, donos da torre de Celas de Peiro. En 2022 mercouno o Concello de Cabana de Bergantiños. As reformas levadas a cabo durante o século XVII configuraron a súa actual tipoloxía de residencia palaciana. Conta a lenda que un cruceiro, hoxe situado preto da torre, atopábase antes á entrada da fortificación de xeito que todo o que pasase por diante quedaba ceibe dos seus perseguidores. Segundo a lenda, unha muller achegouse ao cruceiro, sendo apreixada xusto antes e decapitada; os veciños sentiron mágoa por ela, “Pena dela”. Así, conforme a lenda, se orixinou o nome, Penela.[Cómpre referencia] === Heráldica === A liñaxe dos Riobó representa no escudo de armas como armas sobre campo de sinople unha torre de prata cunha silva envolvéndoa. == Características == A torre é de planta cadrada distribuída en dous andares e un soto no cal se abre unha porta con arco de volta perfecta composto por doelas de bo tamaño. No alto remátase cunha terraza con ameas en toda a súa volta. Algunhas das xanelas foron abertas en tempos posteriores. Na fachada conserva escudos de armas dos Castro, Rioboo e Bermúdez. Na fachada posterior existe un acceso directo á terceira planta debido ao desnivel do terreo. Hoxe en día é usado como celeiro e no seu interior consérvase a estrutura dunha escaleira de caracol. Encaixado nun lavadoiro consérvase outro escudo moi gastado. Detrás da torre atópase unha fonte con pia e forma de cadaleito. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === A torre da Penela na web do concello de Cabana de Bergantiños Arquivado 03 de xullo de 2011 en Wayback Machine. === Outros artigos === Condado de Torre Penela

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

附近