塔式建築
Torre de Milmanda
O Alcázar de Milmanda · Celanova · Ourense
Torre de Milmanda 还没有照片
如果你有一张,上传到 Wikimedia Commons ↗并附上坐标,它就会自动出现在这张地图上,以及任何使用开放数据的地图上。 或者发送给我们。
{{Location|42.13322|-8.02238}}
Alcázar de Milmanda, Celanova的防御建筑, 海拔约 670 米, 距Celanova 5.7 km.
A torre de Milmanda, tamén coñecida como alcázar de Milmanda, é un vestixio dun castelo medieval, situado no cumio dun perfilado outeiro, preto do río Tuño, na parroquia de Milmanda, no concello de Celanova.
Historia
O que na actualidade se configura como a torre-igrexa de Milmanda son os restos dun dos castelos máis importantes da historia de Galiza. Xa no século X aparece documentada a súa existencia, vinculado ao mosteiro de San Salvador de Celanova. No século XII pasou a pertencer á Coroa polas guerras que tiveron como resultado a creación do Reino de Portugal, e por esta causa debeu ser obxecto de importantes reformas e ampliacións. A finais dese mesmo século o rei Afonso IX de León concedeu á vila foro de reguengo, e promoveu a repoboación da zona con xentes procedentes de Celanova. Estas disposicións de repoboación foron confirmadas xa no século XIII por Fernando III de León e Castela. Novos privilexios reais chegaron despois, como a exención de portaxes concedida aos veciños por Afonso X, ou a confirmación do foro por parte de Sancho IV de Castela. O castelo foi palco dos enfrontamentos entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara. Tras falecer Pedro en Montiel a maior parte da nobreza galega recoñeceu como sucesor a Fernando I de Portugal, xenro de Pedro I, o cal estableceu a súa corte neste castelo e realizou unha campaña de ocupación de moitas vilas e cidades do país galego. Tras rematar a guerra, Henrique II confiscou a fortificación de Milmanda, pasando en 1383, a depender directamente da coroa até 1446 cando foi cedido por Xoán II de Castela en señorío ao conde de Benavente xunto co resto da comarca. Durante a Gran Guerra Irmandiña foi derrubado polos sublevados. Afogada a revolta os veciños da vila foron obrigados a erguer o castelo de novo. Un dos señores do castelo, o señor de Vilardecãs Francisco Feijoo Sotelo, foi protagonista dun célebre feito: Un fidalgo de Milmanda fora xulgado á forza e condenado na vila portuguesa de Melgaço. O señor de Vilardecãs reuniu 40 homes armados e atacou o cárcere rescatando o condenado. Como resposta a esta provocación, o duque de Bragança xuntou 6.000 homes e, en resposta a este, o conde de Benavente xuntou outros 6.000, comezando deste xeito a guerra entre España e Portugal, que só terminou baixo a condición de que o señor de Vilardecãs deixase o mando do alcázar de Milmanda. O derradeiro nobre que posuíu o castelo foi Suero Eanes de Prada, partidario de Pedro I, que trala morte do monarca partiu a Portugal para non regresar. Conta a lenda que ningunha outra casa da nobreza volveu posuír o castelo.
Características
O castelo posúe dous camiños a modo de adarve a diferentes alturas. O máis alto rodea a vila. Preto do cumio ábrese un gran foso defensivo, na actualidade tapiado no lugar que ocupaba a ponte levadiza. Da cerca consérvanse dous muros, un deles terminado nun torreón. No centro aprécianse os vestixios da torre da homenaxe. A actual igrexa aproveitou unha das torres do castelo como campanario, que se rodea dun recinto de cachotaría como posíbel barbacana. Na cara oeste consérvase unha torre de máis de 6 metros de altura e outra construción próxima. Consérvanse outros elementos defensivos, como restos de camiños fortificados e de fiadas da muralla.
Outros artigos
Castelos de Galicia
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 塔
该点海拔 ≈ 670 m · Terrain Tiles
最近城镇 Celanova,5.7 km
全市人口 5,695 (2025) · IGE
乘巴士前往
- MILMANDA51 米外Celanova (centro saúde)-Campo Real · Celanova (centro saúde)-Campo Real
- Alcázar de Milmanda (cruzamento OU-0209)304 米外Celanova (centro saúde)-Moimenta · Celanova (centro saúde)-Moimenta
- Santa Eufemia310 米外A Torre-Parada autobuses (Rocarine)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。