保护区

Veiga de Ponteliñares

Porqueira · Ourense · 2004

Aínda non hai foto de Veiga de Ponteliñares

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.04230|-7.85040}}

A veiga de Ponteliñares é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe as veigas das chairas do curso alto do río Limia, ao sur da noutrora presente lagoa de Antela. Esta área de conservación ourensá ocupa 160 ha dos concellos limiaos de Porqueira e Rairiz de Veiga. Este espazo natural forma parte da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Limia e está incluída en territorio de concellos da reserva da biosfera da Área de Allariz.

Fauna e flora

Flora

A veiga de Ponteliñares é un conxunto de ribeira arredor de augas oligotróficas do río Limia, cos seus prados de sega e bosques de ribeira de abeneiros e freixos. Están presentes áreas de queirogais de Erica ciliaris e E. tetralix. Na vexetación das augas dominan as Potamogeton natans e Ranunculus penicillatum. Entre a flora destacan os cardiños da lagoa (Eryngium viviparum) por ser un dos poucos espazos naturais galegos onde está presente. As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:

Fauna

Nesta veiga atópanse 23 taxóns de animais de interese de conservación. Destacan o lepidóptero Euphydryas aurinia, a cobra lagarteira común (Coronella austriaca) e aves como a pica campestre (Anthus campestris), a curuxa das xunqueiras (Asio flammeus) ou o sisón (Tetrax tetrax). As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:

Lexislación

En 2004 foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) pola comisión bioxeográfica atlántica e en 2006 pola comisión mediterránea. En 2014 ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. Ademais, está dentro da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Limia tamén da rede Natura. Parte deste espazo natural está presente dentro da reserva da Biosfera Área de Allariz.

Outros artigos

Lagoa de Antela

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

附近