Schutzgebiet in Natur- oder Landschaftsschutz
Carballa da Rocha
Rairiz de Veiga · Ourense · 2007
A Carballa da Rocha é un carballo, e varías parcelas arredor deste, situado na Saínza de Abaixo, en Rairiz de Veiga, no concello ourensán de Rairiz de Veiga, que foi declarada árbore senlleira e Monumento natural o 1 de marzo do ano 2007. Esas parcelas engloban seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Esta formación arbórea atópase á beira do río Limia preto da antiga Lagoa de Antela e na contorna do ZEC da Veiga de Ponteliñares. A Carballa da Rocha atópase tamén dentro da reserva da biosfera Área de Allariz. == Historia e características == O exemplar convive con outras árbores centenarias de propiedade particular no que queda dunha antiga carballeira que medraba nas beiras da desecada Lagoa de Antela. O toro é corpulento, o seu perímetro na base é de 820 cm, bifúrcase aos 7 m de altura en dúas pólas de grandes dimensións chegando aos 33 m de altura. Consérvase en bo estado, esmoucouse por última vez nos anos 50 do século XX, e calcúlase que ten 500 anos. Na carballeira celébrase todos os 24 de setembro a Romaría da Saínza, unha das poucas festas que representan a loita entre cristiáns e musulmáns en Galicia. == Notas ==
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- A Saínza de Arribaa 240 mA Venda-Rairiz de Veiga (centro)
- A Saínza de Arribaa 244 mA Venda-Rairiz de Veiga (centro)
- A Saínzaa 251 mCongostro (escolar)-Xinzo de Limia E.A. · A Venda-Rairiz de Veiga (centro) · Congostro (escolar)-Xinzo de Limia E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
In der Nähe
- Veiga de PonteliñaresSchutzgebiet in Natur- oder Landschaftsschutz
- Castelo da SaínzaMonument
- Igrexa de Santa María de Parada de OuteiroKirchengebäude
- Igrexa de San Xoán de Vilar de SantosKirchengebäude
- Igrexa de San Martiño de CandásKirchengebäude
- Igrexa de Santa María de LampazaKirchengebäude
- Igrexa de Santa María de OrdesKirchengebäude
- Igrexa de San Xoán de Rairiz de VeigaKirchengebäude