Schutzgebiet in Natur- oder Landschaftsschutz
Veiga de Ponteliñares
Porqueira · Ourense · 2004
Von Veiga de Ponteliñares gibt es noch kein Foto
Wenn du eines hast, laden Sie es zu Wikimedia Commons ↗ hoch mit gesetzten Koordinaten, und es gelangt von selbst auf diese Karte und auf jede andere, die offene Daten nutzt. Oder senden Sie es uns.
{{Location|42.04230|-7.85040}}
Galicisches Naturgebiet als Besonderes Schutzgebiet ausgewiesen, auf 609 m Höhe, 10,4 km von Bande.
A veiga de Ponteliñares é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe as veigas das chairas do curso alto do río Limia, ao sur da noutrora presente lagoa de Antela. Esta área de conservación ourensá ocupa 160 ha dos concellos limiaos de Porqueira e Rairiz de Veiga. Este espazo natural forma parte da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Limia e está incluída en territorio de concellos da reserva da biosfera da Área de Allariz.
Fauna e flora
Flora
A veiga de Ponteliñares é un conxunto de ribeira arredor de augas oligotróficas do río Limia, cos seus prados de sega e bosques de ribeira de abeneiros e freixos. Están presentes áreas de queirogais de Erica ciliaris e E. tetralix. Na vexetación das augas dominan as Potamogeton natans e Ranunculus penicillatum. Entre a flora destacan os cardiños da lagoa (Eryngium viviparum) por ser un dos poucos espazos naturais galegos onde está presente. As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:
Fauna
Nesta veiga atópanse 23 taxóns de animais de interese de conservación. Destacan o lepidóptero Euphydryas aurinia, a cobra lagarteira común (Coronella austriaca) e aves como a pica campestre (Anthus campestris), a curuxa das xunqueiras (Asio flammeus) ou o sisón (Tetrax tetrax). As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:
Lexislación
En 2004 foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) pola comisión bioxeográfica atlántica e en 2006 pola comisión mediterránea. En 2014 ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. Ademais, está dentro da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Limia tamén da rede Natura. Parte deste espazo natural está presente dentro da reserva da Biosfera Área de Allariz.
Outros artigos
Lagoa de Antela
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Espazo natural protexido · Zonas de especial protección dos valores naturais
Fläche 160 m²
Höhe hier ≈ 609 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Bande, 10,4 km entfernt
Einwohner der Gemeinde 806 (2025) · IGE
In der Nähe
Torre de FírbedaBurg- Carballa da RochaSchutzgebiet in Natur- oder Landschaftsschutz
Castelo da SaínzaMonument
Ponte LiñaresBrückeIgrexa de Santa María de PorqueiraKirchengebäude
Igrexa de San Salvador de SabucedoKirchengebäude
Igrexa de San Lourenzo de AbeledaKirchengebäude
Igrexa de San Martiño de PorqueiraKirchengebäude