Pazo (galicischer Herrensitz)
Casa grande de Lentille
A Pena · Cenlle · Ourense
Foto: The original uploader was Lansbricae at Galician Wikipedia. · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Pazo (galicischer Herrensitz) in A Pena (Cenlle, Ourense), auf 255 m Höhe, 1,9 km vom Caminho da Geira e dos Arrieiros.
A Casa Grande de Lentille é un pazo situado na parroquia da Pena no concello de Cenlle. O pazo aséntase sobre zona moi rochosa, sendo os propios penedos parte da cimentación da casa e no ángulo leste da construción, baixo a solaina, aséntanse grandes penedos confundíndose co deseño do edificio.
Descrición
Na actualidade ten planta en forma de U, coas coxías laterais de distinta lonxitude. A planta actual é froito de modificacións feitas en distintas épocas, malia iso aínda se pode ver o uso de material nobre e ben labrado indicativo das primeiras construcións en contraposición coas mais modernas engadidas ou enxertadas nos corpos máis antigos. Exemplo disto son as ventás con montante, en correspondencia co ancho daquelas. A fachada principal actual é a que mira ao sueste, cun murallón de peche de reducida lonxitude, con portada e ameas. Sobre da portada de entrada vese o escudo de armas. O piso máis alto ten tres xanelas, con cadanseus montantes, e un balcón de cemento e de feitura moderna. A fachada nordeste comeza cunha solaina que se apoia nun só piar de sección cadrada, feito de bos perpiaños e continúa cun lenzo de parede construído en perpiaño basto, con catro vans no seu piso superior. A fachada noroeste ten vans e unha porta que comunica a cociña coa leira. Traspasado a portada atopámonos no patio exterior. As tres ás percórreas interiormente unha solaina interior, en forma de U, que dá ao patio seguindo a disposición das coxías. Apóiase sobre arcadas sostidas por piares, canzorros e pequenas ménsulas que sobresaen nos sobrazos dos arcos. Toda a solaina cóbrese con tellado, prolongación do da casa, sobre un gran beirado de madeira que se apoia en esveltas columnas de pedra pseudodóricas ou capiteis-zapata. Na planta baixa, dende os arcos accédese aos habitáculos dedicados ao servizo e usos agrícolas, e a través da propia solaina accédese á planta alta dedicada a habitación e uso señorial, cunha serie de salóns intercomunicados entre si, como é habitual na maioría dos pazos. A cuberta do edificio é a catro augas en tella que se une ao propio edificio mediante cornixa moldurada. Tres chemineas de distinta tipoloxía levántanse sobre o tellado. A da cociña con seis remates piramidais, a central de sección circular rematada cunha pequena cúpula con respiradoiros e artístico pináculo de peaña, pirámide e bóla. No interior destaca pola súa conservación a cociña, con lareira e campá pequena de pedra que descansa sobre unha grosa columna con capitel e plinto moldurados, e colocada en ángulo. A cociña conserva o forno e o pavimento enlousado. O oratorio estivo situado nun dos salóns, que segue existindo nunha parede enclaustrado baixo arco de medio punto peraltado un pequeno e artístico de madeira. Como edificios secundarios sinalar a adega e unha fonte en construción abovedada de pedra.
Outros artigos
Pazos de Galicia
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Pazo
Höhe hier ≈ 255 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Leiro, 3,3 km entfernt
Jakobsweg Caminho da Geira e dos Arrieiros, 1,9 km entfernt
Einwohner der Gemeinde 1.067 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- LENTILLE198 m entferntIES de Ribadavia-Sadurnín · IES de Ribadavia-Sadurnín
- LENTILLE251 m entferntO Carballiño (auditorio)-Cenlle-O Carballiño (auditorio) · O Carballiño (auditorio)-Cenlle-O Carballiño (auditorio)
- Cenlle (núcleo)635 m entferntIES de Ribadavia-Sadurnín · IES de Ribadavia-Sadurnín
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
In der Nähe
Kloster San ClodioKlosterCasa dos ToubesPazo (galicischer Herrensitz)
Pazo de RioboóPazo (galicischer Herrensitz)
Pazo de SaaPazo (galicischer Herrensitz)
Igrexa de San Miguel de OsmoKirchengebäude
Igrexa de Santa María de GomarizKirchengebäude
Igrexa de San Xoán de SadurnínKirchengebäude
Mosteiro de VentoseloKloster