Kirchengebäude
Igrexa de Santa María de Gomariz
Leiro · Ourense

A igrexa de Santa María de Gomariz é un templo de orixe medieval (concretamente da segunda metade do século XII), que conserva gran parte da súa fisonomía románica, o que fai que sexa un moi bo exemplo deste tipo de arquitectura rural de Galicia. == Situación == Está situada na parroquia de Gomariz, no concello de Leiro (comarca do Ribeiro). Sitúase nun alto no medio do lugar de Gomariz desde o que divisa de xeito privilexiado o río Avia. == Historia == Formou parte como priorado do Mosteiro de Toxosoutos de Lousame, por doazón do Emperador Afonso VII do 9 de maio de 1138: Foi causa de graves conflitos e moitos preitos ao tomar posesión dela a familia dos Sarmiento de Ribadavia a partir de 1369: En 1492 pasou a mans do cabido da catedral de Ourense, e volveu ao mosteiro de Sobrado en 1504: A igrexa orixinal, moi antiga, puido ser feita polos templarios[Cómpre referencia]. Formaba parte do priorado de Sobrado dos Monxes, hoxe desaparecido, que tiña moita importancia para o mosteiro, xa que lle serviría como adega. Das posibles edificacións propiedade do mosteiro quedan algúns restos nun edificio que se distingue pola cantería do muro e os canzorros que terman do beirado. Se foi un celeiro, como supoñen algúns autores[quen?], sería unha das poucas obras civís románicas que se conservan. == Descrición == Posúe unha soa nave e ábsida amais de portada principal entre contrafortes prismáticos, de arquivoltas semicirculares sobre columnas acobadadas nas xambas. Orixinalmente estaba formada por tres naves, En 1499 aínda quedaba en pé a Torre dos Signos: A cabeceira e a nave son rectangulares. A fachada é a parte máis interesante desta igrexa. Dous pares de columnas estriadas e lisas manteñen o voo das arquivoltas peraltadas da porta principal. Decóranse con capiteis zoomorfos de singular beleza. Unha ventá románica sobre o saínte enmarcada tamén con columnas e un arco de medio punto. Remátase cunha espadana que acolle as dúas campás da igrexa. A ventá románica do testeiro é de grandes proporcións e ten unha curiosa decoración nos capiteis. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Eiján, S. (1981 [1920]). Historia de Ribadavia y sus alrededores. Lugo: Alvarellos. ISBN 84-85311-40-X. Ponce Couce, Leandro; Sánchez García, Jesús Ángel (1998). Galicia. Guía do Patrimonio Arquitectónico. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-50-1. Risco, Vicente (1980). Geografía General del Reino de Galicia. Ediciones Gallegas. === Ligazóns externas === Manuel Gago (7 de novembro de 2007). "Gomariz e as adegas medievais do Ribeiro". Capítulo 0. Galería de imaxes da igrexa feita por FreeCat en flickr.com Entrada no blog toaddysnews
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- GOMARIZa 98 mCovas (casa Manolo)-A Cortella (cruzamento) · Covas (casa Manolo)-A Cortella (cruzamento) · Covas (casa Manolo)-Ribadavia E.A. · Ribadavia E.A.-O Carballiño (auditorio) · Covas (casa Manolo)-Ribadavia E.A. · Ribadavia E.A.-O Carballiño (auditorio)
- GOMARIZa 215 mIES de Ribadavia-Sadurnín · IES de Ribadavia-Sadurnín
- Ribeiraa 492 mIES de Ribadavia-Barzamedelle · IES de Ribadavia-Barzamedelle
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.