Burg

Castelo de Andrade

Pontedeume · A Coruña

Castelo de Andrade

Non confundir co Torreón dos Andrade, tamén en Pontedeume. Non confundir co Castelo dos Andrade de Vilalba, Lugo. O castelo de Andrade, tamén coñecido como fortaleza da Nogueirosa, é un castelo medieval, tamén coñecido en tempos como "Castelo da Fame". Desde a súa orixe estivo moi vinculado á poderosa familia dos Andrade. Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949, ratificado en normativa posterior. == Situación == Sitúase sobre un pequeno promontorio rochoso no lugar do Castelo, parroquia de Nogueirosa do concello de Pontedeume. == Historia == Xa desde a súa orixe foi fonte de disputas. Mandado construír por Fernán Peres de Andrade, O Boo, atopou a oposición do prior do mosteiro de Sobrado dos Monxes frei Esteban de Seixas, quen se negaba a súa construción e que incluso conseguiu paralizar as obras por un tempo. Pero o conde de Andrade, valido de Henrique II de Trastámara e de quen obtivera o territorio, rematou impoñéndose na disputa e a construción levouse a cabo. A maioría do conxunto conservado é o resultado das obras comezadas no ano 1369 sobre a ruína dunha antiga fortaleza, probablemente do século XIII. A partir do século XIV foi denominado como Alcázar dos Andrade. Trala súa destrución no ano 1467 a causa das revoltas irmandiñas tivo que ser practicamente reedificado. Poucos anos despois, en 1486, foi un dos corenta e seis castelos aos que os Reis Católicos ordenaron o seu desmochado. No século XIX foi obxecto dunha profunda restauración levada a cabo polo arquitecto Tenreiro a instancia do duque de Alba. == Descrición == Trátase dun castelo de reducidas dimensións construído sobre a rocha viva da Pena Leboreira. Unha porta con arco de medio punto permite o acceso ao patio de armas a través dun paso abovedado. O patio de armas ocupa 140 m² polos 100 m² da torre da homenaxe. A torre divídese en tres plantas, alcanza unha altura de 20 metros e os seus muros teñen un grosor medio de dous metros e medio. Na primeira planta ábrense ao exterior estreitas seteiras de sección trapezoidal e baixo algunha delas pódense observar cazoletas empregadas para a recollida da auga da choiva. A segunda planta ábrese con ventás con arcos de medio punto conformando no interior estreitos parladoiros. Na terceira planta consérvase unha ventá xeminada que perdeu o parteluz. O castelo foi construído nun dos pasos de acceso á desenvocadura do río Eume, desde o seu alto domínase a vila dos Andrade. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Comerma, Andrés (1903). Los castillos feudales de Moeche, Narahío y Andrade. El Correo Gallego (en castelán).

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Anfahrt

Öffnungszeiten Mo-Su 11:00-14:00, 16:30-19:30

Telefon +34 981430270

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenOffizielle WebsiteRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe