Besonderer Baum

Teixo dos Tenreiro

Pontedeume · A Coruña

Teixo dos Tenreiro

O teixo dos Tenreiro é unha árbore senlleira centenaria que se atopa na casa grande do mesmo nome en Pontedeume. En 2012 o seu estado sanitario cualificouse de crítico ; en 2015 considerouse case insalvábel. == Especie == O teixo pertence á especie Taxus baccata, especie noutrora abundante en Galiza, da que xa só fican exemplares illados agás nalgún teixedal na zona oriental das serras ourensás. O teixo, coma tamén ocorre coas oliveiras, adoitábase plantar de xeito illado á beira das igrexa, capelas e cemiterios coma símbolo de vida eterna (pola súa follaxe sempre verde) e tamén coma ornamental nos pazos. Esta práctica de plantación foi común en Galiza, Asturias e nas Illas Británicas. É unha árbore moi lonxeva que medra amodo e que pode acadar os 2000 anos de idade. Tamén é moi sensíbel aos cambios ambientais. == Estado e conservación == O teixo dos Tenreiro está catalogado na lista de árbores senlleiras elaborada pola Xunta de Galicia. Aparece en moitas guías botánicas europeas do século XX coma árbore monumental. O estado sanitario actual da árbore non é moi bo, practicamente non ten follas e corre risco de morte a curto prazo malia ser o teixo unha especie arbórea das máis lonxevas. Porén, na base do toro aínda se olla algún agromo verde, así coma algúns rebentos ou fillos arredor do coto. == Historia == Descoñécese a idade da árbore, que podería ir dende 300 a máis de 1000 anos. A árbore leva hoxe en día o nome da casa grande construída arredor de 1870 pola familia Tenreiro (á que pertenceron o arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez e o escritor e político Ramón Tenreiro Rodríguez, ambos fillos do tamén arquitecto e pintor Antonio Tenreiro Brochón) nunha aba que morre no esteiro do río de Covés. O teixo, que xa estaba alí cando se arranxou o terreo, pasou a formar parte ornamental do xardín da casa. Acostumábase podar segundo as modas dos séculos XIX e XX, neste caso en catro pisos a xeito de aneis, de maior a menor diámetro dende o chan. A casa conta cunha importante escolma de importantes exemplares botánicos, como é o caso dunha araucaria que tamén forma parte da listaxe de árbores senlleiras de Galiza. O seu espectacular porte (nos bos tempos 15 metros de altura e 20 de diámetro máximo) inspirou aos donos do terreo a construíren un miradoiro sobre a ría que se fixo famoso entre os botánicos europeos. Instalaron xunto ao tronco principal unha escada de caracol que rubía até a copa, onde se colocou unha plataforma. So da árbore chegou a se celebrar un consello de ministros cando era presidente do Goberno republicano español Santiago Casares Quiroga, así coma numerosas parolas culturais e políticas nas que participaron Valle Inclán, Azorín, Emilia Pardo Bazán ou Manuel Azaña, quen era parente dos Tenreiro. Co estoupido da Guerra Civil pérdese a posición avantaxada dos donos da casa, un dos irmáns morre en Suíza, onde fora destinado coma diplomático; outro é capturado polo goberno franquista, que lle prohibe exercer a súa profesión de arquitecto; e a familia é finalmente despoxada de parte das súas propiedades, polo que remata marchando do pazo. Así comeza o abandono do xardín. Os traballos e arranxos actuais feitos no paseo de Pontedeume poñen ao bordo da morte esta histórica árbore. == Degradación e estado actual == Noutrora arrodeado de leiras de millo, xardíns á beira do río e hortas; a degradación comeza nos anos 60 do século XX, cun recheo para instalacións deportivas e coa progresiva degradación das contornas da ría. En 1995 comezou a construción do paseo marítimo, cun chan de cemento, que en parte esmaga e afoga as raíces. Na mesma época deséñase a autoestrada A Coruña-Ferrol, ficando o eido señorial baixo un dos viadutos. Nunha das fases dos traballos o solo no que medra o teixo pasa a dominio público. O chan que hai entre a árbore e o carreiro cóbrese de laxes. O goberno galego efectuou algunhas podas sanitarias dende o ano 2003 no que se comezaron a detectar os danos na árbore polos cambios da contorna. Ademais instalárase daquela unha gaiola metálica para evitar vandalismos cun custo duns 36.000 euros.…

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe