Conjunto histórico-artístico

Conxunto histórico de Pazos de Arenteiro

Boborás · Ourense

Conxunto histórico de Pazos de Arenteiro

O río Arenteiro é un curso fluvial galego, afluente do río Avia. Nace a unha altura de 840 m na Pena de Francia. Tamén recibe as súas primeiras augas desde riba da aldea da Cabana (no concello de San Cristovo de Cea), un pouco máis abaixo da Pena Bico. Pouco despois para pola aldea de Arenteiriño. Tras recibir pola banda esquerda o río Oseira baña a vila do Carballiño. Ao final, desemboca no Avia, na parroquia de Pazos de Arenteiro, Boborás, tras percorrer 33 km en dirección NL-SO. Segundo Edelmiro Bascuas, o hidrónimo Arenteiro procede de Argentarium, facendo referencia á prata atopada no curso fluvial.

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe