Kirchengebäude
Igrexa das Virtudes de Pontedeume
Pontedeume · A Coruña
Pontedeume é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. O seu xentilicio é eumés/eumesa. É un concello pequeno (29,26 km²) que en 2014 tiña unha poboación de 8 117 habitantes cunha alta densidade de poboación (277 hab./km²). Está situado entre as cidades da Coruña (38 km) e Ferrol (18 km), e preto de Betanzos (26 km) e As Pontes (31 km). A vila de Pontedeume é unha das poucas poboacións galegas que conserva o seu centro histórico. As súas rúas e prazas manteñen moitos elementos tradicionais como os soportais, as casas con balcóns de madeira e galerías acristaladas, as fontes públicas e un gran número de edificios monumentais. Todo isto, unido a unha gran riqueza paisaxística e natural na súa contorna, fixo que en 1971 a comarca eumesa fose declarada Conxunto histórico e paraxe pintoresca. Pontedeume é un importante destino turístico, no seu territorio está un dos portais de acceso e o Centro de Interpretación do Parque Natural das Fragas do Eume. Por Pontedeume pasa un dos Camiños de Santiago, o Camiño Inglés.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- Pontedeume (Institutos)a 120 mCentro salud Pontedeume - Vilachá · Centro salud Pontedeume - Vilachá
- IES FRAGA DO EUMEa 121 mIES Fraga do Eume-Centro de interpretación Fragas do Eume · IES Fraga do Eume-Centro de interpretación Fragas do Eume · IES Breamo-A Veiga · IES Breamo-A Veiga
- IES BREAMOa 123 mCEIP Couceiro Freijomil-Cabría Nova · IES Breamo-A Veiga · Centro salud Pontedeume-Doroña
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.