Archäologische Stätte
O Pedrón
Padrón · A Coruña

Foto: Dodro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Archäologische Stätte in Padrón, A Coruña, auf 9 m Höhe, 30 m vom Caminho Português de Santiago.
O Pedrón de Padrón é unha ara romana dedicada a Neptuno. Pódese ler nesta ara a inscrición «NO ORI ESES D S P», que se interpreta como: (Neptu)no Orieses d(e) s(uo) p(osucrunt) "A Neptuno, os orieses, colocaron esta ara ás súas expensas". A tradición cristiá da Translatio Xacobea, recollida no Libro III do Códice Calixtino, relata que os discípulos do apóstolo Santiago amarraron no Pedrón a barca que portaba o corpo do santo. Na parte superior do Pedrón gravouse ademais unha cruz, seguindo o costume de cristianizar o pagán. A ara custódiase baixo o altar maior da igrexa de Santiago de Padrón. O propio nome da vila de Padrón deriva etimoloxicamente de "pedrón".
Inscrición
No Pedrón pódese ler unha inscrición que foi alterada no século XVI engadíndolle unha cruz e mudando o nome da divindade romana por "patrono". Interprétase a inscrición «NO ORI ESES D S P» como: "A Neptuno, os orieses, puxeron ás súas expensas este altar". Trátase dunha ara votiva en granito dedicada ó deus romano dos mares e de tódalas augas.
Simboloxía
O carácter do Pedrón como símbolo permanece inalterable ó longo dos séculos ata os nosos días, custódiase baixo o altar maior da Igrexa de Santiago de Padrón. O mesmo nome de Padrón deriva etimoloxicamente de Pedrón e no escudo da vila aparece representada esta ara. Este altar dedicado ó deus romano Neptuno é segundo a tradición cristiá o lugar onde os discípulos do Apóstolo amarraron a barca logo da longa viaxe, como se relata no Codex Calixtinus. Entréganse en Padrón os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra ás persoas ou entidades que defenden ou promoven a cultura galega, outorgados pola Fundación Pedrón de Ouro dende 1964. Tamén naceu a Agrupación Folclórica Cultural O Pedrón no ano 1991 en Padrón, coa finalidade de recoller, estudar, ensinar e divulgar a cultura folclórica de Galicia. Hai unha réplica do Pedrón na localidade francesa de Noirmoutier-en-l'Île, agasallo da vila irmá de Padrón.
Galería de imaxes
Outros artigos
Altar
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Epoche Römisch
Art Meilenstein
Höhe hier ≈ 9 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Padrón, 116 m entfernt
Jakobsweg Caminho Português de Santiago, 30 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 8.324 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- Padrón (xardín botánico)211 m entferntSinde (cruzamento Outeiro)-Herbón-Padrón E.A. · Sinde (cruzamento Outeiro)-Herbón-Padrón E.A. · Sinde (cruzamento Outeiro)-Freixeiro-Herbón-Padrón E.A. · Sinde (cruzamento Outeiro)-Freixeiro-Herbón-Padrón E.A. · Herbón-Padrón E.A. · Herbón-Padrón E.A.
- Padrón (institutos)271 m entferntSantiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Morono-Padrón E.A. · Morono-Padrón E.A.
- Padrón Praza de Abastos275 m entferntPino Do Val - Padrón E.A. · Noia E.A. - Padrón E.A. · Noia E.A. - Padrón E.A. · Pino Do Val - Padrón E.A.
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
In der Nähe
Torre do MontePazo (galicischer Herrensitz)
Pazo de DodroPazo (galicischer Herrensitz)
Pazo de LestrobePazo (galicischer Herrensitz)Pazo de AntequeiraPazo (galicischer Herrensitz)
Convento do Carme de PadrónKonvent
Pazo de HermidaTurm
Xardín botánico de PadrónBotanischer Garten
Casa Museo Rosalía de CastroHausmuseum