Burg
Pazo do Cotón
Negreira · A Coruña
Foto: Iago Casabiell González · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
Mittelalterliche Festung in Cotón, Negreira, auf 149 m Höhe, 48 m vom Camiño de Fisterra-Muxía.
O pazo do Cotón é unha fortaleza medieval a xeito de cidadela ameada que se atopa no lugar do Cotón na parroquia de Negreira, núcleo do concello coruñés de Negreira. As pedras armeiras lembran o vínculo coas familias nobres de Luaces e Mariño de Lobeira; e tamén aos Saavedra, Figueroa, Bermúdez de Castro e Trastámara.
Historia
Foi construído no século XIV coma castelo medieval, porén sofre importantes reformas especialmente no século XVII, manténdose os cubos das antigas murallas enmarcando as diversas partes do edificio. Salientan as rexas torres medievais ameadas que reflicten o pasado militar do edificio, tamén a pasarela de pedra que atravesa a rúa principal da vila (a Carreira de San Mauro, que foi un antigo Camiño Real), con tripla arcada ameada, balaustradas e miradoiros e que liga o pazo coa capela de San Mauro, do século XVIII; posúe ademais doce escudos. No centro do edificio hai corpos ligados ás torres cilíndricas nos ángulos, obra dos séculos XVIII e XIX. Aínda do XX son algunhas partes, como a galería e algúns cuartos. No corpo central hai unha escaleira do barroco de placas, de acceso ao andar superior, ligando coa chamada Galería de Pedra, sobre piares de placas e que liga cun paseo-solaina de grandes piares en forma de floreiros e muro ameado. No Cotón creárase tamén unha confraría para honrar á Virxe do Carme en 1740. Tivo unha capela de seu, hoxe desaparecida, nas inmediacións da actual rúa do Carme. Só queda unha imaxe de estilo ecléctico e naturalista nesta capela do pazo, compartindo espazo e cronoloxía do XX con tallas do Corazón de Xesús, San Xoán Bautista, San Antonio de Padua e San Xosé.
Novas propietarios e proxecto de rehabilitación
No decembro de 2025, a sociedade Renzo Heritage — propiedade da familia Lorenzo García, propietaria tamén do hotel A Quinta da Auga — formalizou a compra do Pazo do Cotón. O último propietario coñecido do pazo foi o avogado compostelán Ángel Pardo de Vera Fabeiro, que faleceu en maio de 2025. A propiedade estaba á venda desde mediados de 2015. A adquisición supón un punto de inflexión para este pazo‑fortaleza emblemático da vila de Negreira. Segundo as declaracións dos novos propietarios, a idea é acometer unha rehabilitación integral do conxunto de forma respectuosa co seu valor histórico e arquitectónico, coa intención de reconvertelo en espazo de aloxamento e restauración, replicando o modelo aplicado en A Quinta da Auga. Segundo as fontes, o conxunto, que integra ademais do corpo principal elementos históricos como capela, hórreo, palomar, caballerizas, muros amurallados e un “patio de armas” considerado único en Galicia, pasa a estar baixo a custodia de Renzo Heritage. Non transcenderon cifras da operación, pero si a necesidade dunha rehabilitación integral que no caso das cubertas da edificación roldaría os 300.000€.
Galería de imaxes
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Verteidigungsanlage
Teil von Camiño de Santiago de Compostela a Fisterra
Höhe hier ≈ 149 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Negreira, 501 m entfernt
Jakobsweg Camiño de Fisterra-Muxía, 48 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 6.963 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- Corpachón319 m entferntIES Xulián Magariños-O Libreiro · IES Xulián Magariños-O Libreiro · CEIP O Coto-O Libreiro · CEIP O Coto-O Libreiro
- A Abeanca352 m entferntIES Xulián Magariños-FORNOS · IES Xulián Magariños-FORNOS · CEIP O Coto-A Salgueira · CEIP O Coto-A Salgueira
- Negreira440 m entferntSantiago E.I.-Negreira · Santiago E.I.-Negreira · Santiago E.I.-Muxía (porto) · Santiago E.I.-Muxía (porto) · Santiago E.I.-Olveiroa-Dumbría-Fisterra-Muxía (porto) · Santiago E.I.-Brión-Santa Comba
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.