Burg

Torre de Broño

Negreira · A Coruña

A torre de Broño foi unha construción defensiva altomedieval que complementaba a fortaleza da Barcala. Está sita a 285 m de altitude nun outeiro denominado Monte do Castelo de San Martiño de Broño, próximo ás aldeas de Redemuíños, San Martiño, Camiño Real e Feáns, na parroquia de Broño, concello de Negreira. Na actualidade a torre está en ruínas e so quedan a mota e algún muro esborrallado. O castro de Guimaráns, a fortaleza da Barcala e a torre de Broño están practicamente aliñados, e dominan tres tramos consecutivos do río Barcala.

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe