Mountain
Alto do Fiouco
Cadavedo · Pastoriza · Lugo · 698 m
Photo: Chairego apc · CC BY 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Mountain in Cadavedo (Pastoriza, Lugo), 698 m above sea level, 1.5 km from the Camiño do Norte.
O Alto do Fiouco é un colado situado a 698 m de altitude na xuntura do Cordal de Neda coa serra de Lourenzá. Separa a bacía do río Masma (vertente cantábrica) da do río Miño (vertente atlántica) e comunica as parroquias de Argomoso (Mondoñedo) e Cadavedo (Pastoriza). Recibe o seu nome polo Cristo do Fiouco, un cruceiro teitado á beira da estrada que o atravesa. A autovía A-8 pasa lonxitudinalmente polo Fiouco no punto quilométrico 547, no tramo entre Lindín (Mondoñedo) e A Carreira (Abadín). No alto do Fiouco produciuse un accidente multitudinario o 26 de xullo de 2014, no que perdeu a vida unha persoa e se viron implicadas varias decenas de coches a causa da néboa. Ten sona precisamente debido a estar o paso da autovía pechado con frecuencia, pois segundo un estudo preto do 10% do tempo ten unha visibilidade menor de 50 m. O motivo principal da néboa na zona é o arrefriamento do aire húmido procedente da costa, denominado efecto Föhn. A néboa era un fenómeno longamente coñecido no lugar antes da construción da autovía. A raíz do accidente, o Ministerio de Fomento habilitou diversas medidas provisionais e está a desenvolver un proceso para tentar evitar a néboa e os numerosos peches do servizo da autovía.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Montaña
Elevation 698 m
Nearest town Mondoñedo, 5.2 km away
Way of St James Camiño do Norte, 1.5 km away
People in the municipality 2,802 (2025) · IGE
Nearby
Salto do CoroWaterfall
Cave of King CintoloCave
Igrexa nova de San Vicente de TrigásChurch building
Igrexa vella de San Vicente de TrigásChurch building
Igrexa de San Bartolomeu de CadavedoChurch building- Corda de NedaMountain
- Mass grave: Fosa de ArgomosoMass grave
- Igrexa de San Pedro de ArgomosoChurch building