Archives

Archivo Intermedio Militar Noroeste

Ferrol · A Coruña · 1995

Aínda non hai foto de Archivo Intermedio Militar Noroeste

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.48688|-8.23160}}

O Arquivo Intermedio Militar Noroeste, denominado ás veces Arquivo Militar de Ferrol, é un arquivo militar español de titularidade estatal. Como arquivo intermedio, recibe documentación pechada hai 5 anos ou máis desde os distintos arquivos centrais das Unidades, Centros e Organismos militares (UCOs) situados nas Comunidades Autónomas de Asturias, Cantabria, Castela e León, Galicia, País Vasco e A Rioxa, e transfire documentación de máis de 20 anos de antigüidade aos arquivos históricos do Exército de Terra, chamados Arquivos Xerais Militares. == Historia e denominación == Conforme o establecido pola Norma Xeral 5/95 sobre a Organización dos Arquivos Rexionais, o Arquivo Militar Rexional Noroeste foi creado en 1995 para asumir a xestión dos bens documentais procedentes das Unidades, Centros e Organismos (UCOs) con sede na demarcación territorial militar denominada Rexión Militar Noroeste, que foron disoltos en aplicación do Plan NORTE (Nova Organización do Exército de Terra). O Arquivo da Rexión Militar Noroeste pasa a chamarse Arquivo Intermedio da Rexión Militar Noroeste en virtude do Real Decreto 2598/1998, do 4 de decembro, polo que se aprobou o Regulamento de Arquivos Militares, que converteu aos Arquivos Rexionais en arquivos intermedios do Sistema Arquivístico da Defensa. É habitual ver a denominación de Arquivo Militar de Ferrol en prensa, publicacións e conferencias, aínda que existe en devandita cidade outro arquivo militar chamado Arquivo Naval de Ferrol que forma parte do Subsistema Arquivístico da Armada. == Estrutura administrativa, funcións e servizos == O Arquivo Intermedio Militar Noroeste forma parte do Sistema Arquivístico da Defensa (SAD) do Ministerio de Defensa dentro do Subsistema Archivístico do Exército de Terra (SAET), que está dirixido polo Instituto de Historia e Cultura Militar (IHCM). Como o resto de Arquivos Históricos e Intermedios Militares do Subsistema Arquivístico do Exército de Terra, o Arquivo Intermedio Militar Noroeste está baixo o mando dun Oficial superior, que é o seu Director e a quen entre outras funcións correspóndelle a representación pública do Arquivo. Ademais, os Arquivos Históricos e Intermedios Militares poden contar cun Director técnico, que será un funcionario do grupo A da Administración do Estado con suficientes coñecementos arquivísticos que depende orgánicamente do Director do centro, e que entre outras funcións ocúpase da dirección do tratamento arquivístico e técnico dos fondos documentais. As funcións que atribúe o Regulamento de Arquivos Militares aos arquivos intermedios son as seguintes: Control Conservación Descrición Referencia O Arquivo Intermedio conta cunha Biblioteca Auxiliar, facilita aos cidadáns copias compulsadas dos documentos que custodia e atende as consultas presenciais de documentos na súa Sala de Investigadores, previa presentación de DNI ou Pasaporte. O horario de funcionamento é de 08:00 a 15:30 horas, e o da Sala de Consulta é de 09:00 a 14:00 horas. O Arquivo permanece pechado en festas nacionais, festas autonómicas e festas locais (o 7 de xaneiro e o Luns de Pascua). == Edificio, contacto e accesos == === Edificio === A sede do Arquivo Intermedio Militar Noroeste é a instalación militar chamada Establecemento O Baluarte (Arquivo), que ocupa a maior parte do recinto amurallado chamado Baluarte do Infante, cuxo núcleo orixinal foi construído no último cuarto do século XVIII para a defensa da Praza e ampliado no século XX para o acuartelamento das forzas de Artillaría da cidade. Desde que funciona como sede do Arquivo Intermedio Militar Noroeste, realizáronse importantes obras de infraestrutura para aumentar a dispoñibilidade de espazo destinado a depósito, e en xeral, para adaptar o edificio ás súas funcións, mellorando as súas instalacións e equipamento. === Contacto === A dirección postal é Avenida do Rei, s/n Código Postal 15402, Ferrol (A Coruña). Para obter información xeral o teléfono é + 34 981 319 009 , mentres que para reservar un posto na Sala de Investigadores hai que chamar ao + 34 981 319 027 === Accesos ===…

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby