Protected area

Baixa Limia e Serra do Xurés Natural Park

Lobios · Ourense · 1993

Baixa Limia e Serra do Xurés Natural Park

O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés é un parque natural galego, unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) nas serras da raia ourensá e da Baixa Limia. Destaca por ser o parque galego máis amplo, o máis agreste e de maior altitude, pois abrangue as serras de Laboreiro, do Xurés e da Pena. É ademais o único espazo natural galego con algunha flora e fauna xa máis característica do clima mediterráneo. Este parque foi declarado en 1993 e forma un continuo xeográfico co Parque Nacional de Peneda-Gerês de Portugal. Desde 2009 os concellos de ambos parques forman a Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby