Castle
Araúxo Castle
Araúxo · Lobios · Ourense · 536 m
There is no photo of Araúxo Castle yet
If you have one, upload it to Wikimedia Commons ↗ with the coordinates set and it will reach this map on its own, and any other that uses open data. Or send it to us.
{{Location|41.90604|-8.06074}}
Castle in Araúxo (Lobios, Ourense), 536 m above sea level, 1.9 km from the Caminho da Geira e dos Arrieiros.
O castelo de Araúxo foi unha fortaleza situada nas inmediacións da aldea da Vila, na parroquia de San Martiño de Araúxo, municipio de Lobios. Estaba situado nun alto a 536 metros sobre o nivel do mar, enriba dun rochedo, aproveitando a orografía para erguer os muros e a torre do homenaxe, no centro dunha vasta extensión de terreo sucado por varios ríos, ao norte, o río Salas, ao oeste o río Limia, ao suroeste o río Cabaleiro. Dende aquí vense as serras do Xurés e Santa Eufemia en Lobios, dos montes do Quinxo e a Montaña en Entrimo, boa parte destes dous concellos e dos de Lobeira, Muíños e Bande. Estaba vencellado ao castelo de Lindoso, que tamén pertencía á familia dos Araúxo. Consérvanse as ruínas dos alicerces, carecendo de clasificación por parte do poder público, fixéronse escavacións arqueolóxicas no ano 1991, dentro do proxecto O encoro de Lindoso e o seu entorno (Lobios, Ourense), polos arqueólogos Manuel Xusto Rodríguez e Celso Rodríguez Cao. Actualmente, só é visible o foxo escavado na rocha e pequenos anacos de muros.
Historia
O castelo de Araúxo construíuse no século XII. O rei Afonso II entregoullo ao bispo de Ourense. Comezou sendo unha fortificación da familia dos Araúxo. Durante a Guerra de Restauración Portuguesa tomárono as tropas portuguesas ás ordes do xeneral Gastão Coutinho. En setembro de 1641 entraron pola Portela do Home e tomaro este castelo e diferentes vilas. Destruíuse no ano 1704 durante a guerra de sucesión. Este castelo tivo moita importancia nas guerras constantes con Portugal polo dominio destas terras.
Estudo arqueolóxico
Do estudo arqueolóxico feito por Manuel Xusto Rodríguez a comezo da década de 1990, aparece parte dun guerreiro con cota de malla, dúas placas, un axóuxere, e varias puntas de dardo e unha de frecha, datados entre os anos 1301 e 1500. Todo este material está depositado no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
Period Medieval
What it is Fortified enclosure
Elevation 536 m
Nearest town Fondevila, 2 km away
Way of St James Caminho da Geira e dos Arrieiros, 1.9 km away
People in the municipality 1,777 (2025) · IGE
Getting there by bus
- A VILA628 m awayCEIP do Xurés-A Cela · CEIP do Xurés-A Cela
- Suigrexa698 m awayLobios (centro saúde)-Silvares · Lobios (centro saúde)-Silvares
- REVOLTA933 m awayCEIP do Xurés-A Cela · CEIP do Xurés-A Cela
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Numismatic museum in LobiosMuseumBaixa Limia e Serra do Xurés Natural ParkProtected area
Biblioteca Pública Municipal de LobiosLibrary
Igrexa de San Miguel de LobiosChurch building
Igrexa de San Salvador de TornoChurch building
Igrexa de San Pedro de Parada de VentosaChurch building
Capela de San Xoán de XendiveChapel- Igrexa de San Martiño de AraúxoChurch building