Hillfort

Castro de Chao de Castro

Burela · Lugo

There is no photo of Castro de Chao de Castro yet

If you have one, upload it to Wikimedia Commons ↗ with the coordinates set and it will reach this map on its own, and any other that uses open data. Or send it to us.

{{Location|43.66791|-7.36161}}

Hillfort in Burela, Lugo, 47 m above sea level, 839 m from Burela.

O Chao do Castro é un antigo castro que se atopa no concello de Burela, na provincia de Lugo. É confundido frecuentemente co Castro de Burela e son famosos por neles atoparse o Torque de Burela, entre outros instrumentos como arracadas e puntas de frechas.

Morfoloxía

Está asentado sobre un terreo elevado dende onde se divisa o mar Cantábrico rodeado do que antes foran prados e pastos. Dado que o Chao do Castro esta moi alterado pola construción de vivendas, as catas realizadas para autorizar ditas construcións non revelaron estruturas de interese. Porén, tanto nas fotos do voo americano coma nas imaxes por satélite aprécianse ben os muros que o delimitan. A simple vista obsérvase unha estrada que o atravesa e corta en parte os muros defensivos que formaban parte dos parapetos do asentamento. Preto atópase o castro de Burela, outro asentamento castrexo que está pouco alterado e con estruturas moito máis visibles ca neste. Confundidos habitualmente un co outro son claramente diferentes tanto en estrutura como posiblemente en función. Ámbolos dous están perfectamente catalogados no inventario municipal e no rexistro da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Burela Torque de Burela Castro de Rueta Castro de Burela

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Settlement

Elevation here ≈ 47 m · Terrain Tiles

Nearest town Burela, 839 m away

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby