Hillfort
Castro de Ladra
Vilalba · Lugo
O castro de Ladra é un castro situado na parroquia de Ladra, no concello lucense de Vilalba. Accédese a el logo de chegar á igrexa de Ladra. Alí xírase á esquerda ata chegar ao lugar de Aguiar, e alí de novo á esquerda. == Descrición == Ten forma ovalada e conta cun único muro defensivo. Ten unha extensión de 9550 m2. == Arqueoloxía == Atopáronse restos na croa que proban a súa posterior romanización. == Lendas == Existe unha lenda segundo a cal un home atopou unha tesoira de ouro no castro. Pola noite uns descoñecidos petáronlle na porta para pedirlla, e el deúllela por debaixo da porta. Segundo outra lenda o castro comunica baixo terra co castro de Boizán. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo === Bibliografía === ARQUIVO CHAIRA: Información de Heliodoro RODRÍGUEZ, Cartín, Tardade, Vilalba (xuño de 1995) e de María Antonia GARCÍA PURRIÑOS, Torre, Codesido, Vilalba (xuño de 1995). Cuba Rodríguez, X. R., Reigosa Carreiras, A., Xeografía mítica da provincia de lugo (I): Cen lugares con lenda, en Croa, nº8, 1998, pp. 42-63.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- O Pazo Novoa 579 mVilalba E.A.-Susavila · Vilalba E.A.-A Veigalonga · Vilalba E.A.-Susavila
- Panchita (Carpaceiras)a 893 mPonte Escourido-Vilalba E.A. · Vilalba E.A.-A Veigalonga
- O Campo da Barrosa (Rito)a 986 mCEIP Antonio Insua Bermúdez-Merlán-Vilalba E.A. · Vilalba E.A.-A Costa (Coea) · CEIP Antonio Insua Bermúdez-Merlán-Vilalba E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.