Hillfort

Castro de Lodeiro

Vilalba · Lugo

O castro de Lodeiro ou castro da Torre, é un castro situado no lugar de Penadrade, na parroquia da Torre, no concello lucense de Vilalba. Tamén se coñece co nome de San Nicolás por mor dunha ermida construída preto de alí. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM). == Descrición == Atópase a unha altitude de 495 metros sobre o nivel do mar, a carón da igrexa parroquial e sobre un outeiro. A planta é circular e conta cun só muro defensivo de 8 metros de ancho e entre 2 e 3 metros de altura. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo === Bibliografía === RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby