Hillfort

Castro de Mallou

Carnota · A Coruña

O Castro de Mallou é un poboado castrexo situado no concello de Carnota, nun outeiro preto da praia de Carnota. == Descrición == O castro está situado nun outeiro duns 120 metros de altitude. O lugar está ligado co aproveitamento do agro e do mar. O cumio do outeiro foi feito chan para o mellor aproveitamento quedando unha planta rectangular. O castro ten unha soa croa percorrida por un só foxo e unha segunda muralla. Hai outra muralla no acceso a xeito de parapeto. Mide de norte a sur uns 110 metros por uns 60 de leste a oeste. No acceso á croa hai dúas torres defensivas. Dentro da croa hai vivendas e/ou construcións auxiliares de dous tipos morfolóxicos: Construcións circulares comúns cunha superficie media de 15 m², eixos de 5 m. de media. Construcións alongadas, un 40% das existentes, superficie media de 23,8 m², e eixos de 7,2 m, todas elas preto da muralla. Este castro foi escavado nos anos 2006 e 2007 nos campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Posteriormente no ano 2013 limpouse o castro e fixéronse máis escavacións nunha acción de arqueoloxía pública dirixida por Antón Malde e Manuel Gago Mariño. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Castros de Galicia Cultura castrexa === Ligazóns externas === Páxina web da escavación do Castro de Mallou

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby