Hillfort
Castro de Rañobre
Arteixo · A Coruña

O Castro de Rañobre é un castro situado en Oseiro (Arteixo). Ten forma elíptica coas defensas moi suavizadas polos labores agrícolas. Só están visibles o terraplén, un foxo e un parapeto. Polo castro pasa unha estrada, hai varias vivendas e é empregado como zona agrícola. == Descrición == O castro mide uns 350 metros de SW-NE e uns 250 metros de NW-SE. A parte alta do castro está mellor conservada véndose parte das defensas. No lado máis baixo do castro as labouras agrícolas desfixeron esa parte. O castro ten internamente socalcos a varios niveis polos desniveis do chan e por traballos agrícolas. Dentro do castro hai varias vivendas, unha empresa e pasa unha estrada. O castro está aproveitado para leiras e horta. Pódense ver as pedras nos lindes e como marcos. O castro está catalogado e ten unha área de protección delimitada. == Tumbas do castro == En abril do 2009 durante as obras do porto exterior da Coruña nos límites do peche exterior que delimita o terreo expropiado atopáronse varias tumbas do castro de Rañobre a máis de 200 metros do castro. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Rañobrea 393 mCORUÑA E.A.-RAÑOBRE-BOEDO
- Rañobrea 407 mArteixo: Rañobre-Oficina Turismo · CORUÑA E.A.-RAÑOBRE-BOEDO
- Suevos (Zona A Coruña)a 742 mArteixo: Rañobre-Oficina Turismo · Coruña E.A.-Porto de Suevos · CORUÑA E.A.-RAÑOBRE-BOEDO · CORUÑA E.A.-BOEDO · CORUÑA E.A.-BOEDO
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.