House of culture
Centro Cultural Torrente Ballester
Ferrol · A Coruña · 1993
O Centro Torrente Ballester é un centro cultural ferrolán, creado en 1993 no antigo Hospital do Hospicio de Ferrol na rúa Concepción Arenal. Leva o nome do famoso escritor local Gonzálo Torrente Ballester. Trátase dun centro multidisciplinar de mostra de arte contemporánea. Nel realízanse numerosas exposicións que teñen que ver co cinema, a pintura, a arquitectura e outras disciplinas da arte e pretenden atraer a Ferrol ós amantes da cultura. Son de especial interese as obras e espectáculos de pequena escala que se realizan na súa capela frecuentemente. É de propiedade municipal e dende hai uns anos cabe a posibilidade de celebrar as vodas civís alí, ademais de no Concello. == Historia == No século XVIII, nun marco de toma de conciencia social das necesidades sanitarias, erixiuse na localización do ruinoso Hospital de Peregrinos da Idade Media, o Hospital de Caridade. O inmoble tivo como fundador a Dionisio Sánchez Aguilera. Este ilustre enxeñeiro militar, co obxectivo de obter o financiamento que precisaba para o hospital, creou en 1780 a Congregación da Caridade , da que foi Irmán Maior ata a súa morte. O edificio foi deseñado polo propio fundador e comezou a construírse o 29 de xuño de 1783. A estrutura da edificación consiste nunha planta cadrada, con dous andares e un patio central. Con todo, non sería ata o ano 1792 cando, a raíz das obras de ampliación, se levantaría ó seu carón a capela da Virxe da Boa Viaxe. Esta pequena igrexa posúe unha planta de cruz latina de factura moi sinxela e unha fachada neoclásica. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Centro Torrente Ballester (CTB) en Visit Ferrol.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Rúa Sola 144 mCircular Ensanche
- Rotonda Canido IIa 289 mCircular Ensanche · Cooperativa O Val-Mercado de San Xulián · Mercado de San Xulián-Mercado de San Xulián · Mercado de San Xulián-San Felipe · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val
- IES Canidoa 317 mCanido-Praza da Graña · Canido-Hospital Novoa Santos · Canido-Hospital Naval · Canido-Canido · Canido-Canido · Canido-Canido
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.