Necropolis

Chan de Castiñeiras megalithic site

Vilaboa · Pontevedra

Chan de Castiñeiras megalithic site, necropolis en Vilaboa

Photo: Noelia Infante · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Megalith in Marín and Vilaboa, Spain, 421 m above sea level, 83 m from the Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño.

O conxunto megalítico do Chan de Castiñeiras ou conxunto megalítico de Chan de Castiñeiras é un dos campos de mámoas máis importantes de Galiza. Atópase nas inmediacións do Parque de Cotorredondo e da Lagoa de Castiñeiras, entre os concellos de Vilaboa e Marín, na provincia de Pontevedra. Forma parte do grupo de arte rupestre de Terras de Pontevedra. Estas manifestacións, ás que se lle atribúe unha función funeraria, xurdiron durante o Neolítico e a Idade do Cobre ou Calcolítico, especialmente na franxa atlántica europea. Entre todos eles destaca a coñecida como Mámoa do Rei, de grandes dimensións. Trátase dun dolmen de cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos perfectamente diferenciados. Durante a escavación desta mámoa polo equipo dirixido por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza atopáronse numerosos restos recollidos por Antonio de la Peña. Foi restaurado e reconstruído en 2003. Completan o conxunto outros oito dolmens, en diferentes estados de conservación, construídos tamén arredor do ano 3.000 a. C., e situados na contorna do lago de Castiñeiras.

Outros exemplos

No mesmo concello descubríronse túmulos funerarios nas parroquias de Figueirido e Vilaboa. Tamén no concello de Marín, que comparte este conxunto megalítico, existen outros dolmens en bo estado de conservación. Entre elas, as situadas en Chan da Armada, en Santo Tomé de Piñeiro; Chan da Lagoa, en San Xián de Marín; e Pastoriza, en Ardán.

Outros artigos

Arte prehistórica Arte esquemática ibérica Arte rupestre de Terras de Pontevedra

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

Period Prehistoric

What it is Megalith

Also known as Mámoa do Rei

Elevation here ≈ 421 m · Terrain Tiles

Nearest town Marín, 4.5 km away

Way of St James Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño, 83 m away

People in the municipality 5,860 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby