Dolmen
Mámoa do Rei da Chan de Castiñeiras
Vilaboa · Pontevedra
Photo: Noelia Infante · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Dolmen in Vilaboa, Spain, 420 m above sea level, 80 m from the Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño.
O conxunto megalítico do Chan de Castiñeiras ou conxunto megalítico de Chan de Castiñeiras é un dos campos de mámoas máis importantes de Galiza. Atópase nas inmediacións do Parque de Cotorredondo e da Lagoa de Castiñeiras, entre os concellos de Vilaboa e Marín, na provincia de Pontevedra. Forma parte do grupo de arte rupestre de Terras de Pontevedra. Estas manifestacións, ás que se lle atribúe unha función funeraria, xurdiron durante o Neolítico e a Idade do Cobre ou Calcolítico, especialmente na franxa atlántica europea. Entre todos eles destaca a coñecida como Mámoa do Rei, de grandes dimensións. Trátase dun dolmen de cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos perfectamente diferenciados. Durante a escavación desta mámoa polo equipo dirixido por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza atopáronse numerosos restos recollidos por Antonio de la Peña. Foi restaurado e reconstruído en 2003. Completan o conxunto outros oito dolmens, en diferentes estados de conservación, construídos tamén arredor do ano 3.000 a. C., e situados na contorna do lago de Castiñeiras.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
Part of Chan de Castiñeiras
Elevation here ≈ 420 m · Terrain Tiles
Nearest town Marín, 4.5 km away
Way of St James Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño, 80 m away
People in the municipality 5,860 (2025) · IGE
Getting there by bus
- A Graña986 m awayCPI DO TOURAL-SOBREIRA · CPI DO TOURAL-SOBREIRA · CPI do Toural-Cabanas (N-550) · CPI do Toural-Cabanas (N-550)
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
