Cruceiro (stone wayside cross)
Cruceiro da Costa
Castrelos · Vigo · Pontevedra · 1641
Photo: Mestresgoldar · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Cruceiro (stone wayside cross) in Castrelos (Vigo, Pontevedra), 95 m above sea level, 168 m from the Camiño Portugués da Costa.
O Cruceiro da Costa é un cruceiro que constitúe unha das manifestacións máis importantes da arte popular da parroquia de Castrelos, Vigo, vinculada á relixiosidade e ás crenzas do pobo. Está situado no lugar da Costa.
Descrición
Érguense encol de tres chanzos cuadrangulares. A base serve de apoio á columna. Ten forma cúbica cos bordos achafranados. Nas súas caras aparece esta inscrición: hesta obra hizo fr.loren gabriel biela pr de estaei asia de l abito de san an a su deboción ano 1641. A data de 1641 fai que sexa co do atrio de Coruxo, o máis antigo da zona de Vigo, dos que se coñeza a súa construción. O capitel leva volutas nos ángulos. Na cara oeste presenta a cruz de Malta, da orde de San Xoán á que pertencía o doador. Na parte sur hai cinco cunchas xacobeas. No lado leste aparece o sol, a lúa, estrelas, unha árbore e dous animais. Na cara norte, unha cruz grega e outros animais. No reverso da cruz aparece a Virxe da Piedade, unha figura estilizada da Virxe sostendo a Cristo coa man sobre a cintura. Debaixo da escena hai un anxo querubín. As procesións que saen da igrexa de Santa María de Castrelos pasan por diante e detéñense neste lugar. Ata hai algúns anos tamén paraban os enterros e aquí rezábanse unhas oracións; pero agora como os cadáveres se trasladan en coche, este costume xa se perdeu.
Galería de imaxes
Outros artigos
Cruceiro As cruces de pedra na Galiza
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Cruceiro
Elevation here ≈ 95 m · Terrain Tiles
Nearest town Pereiró, 664 m away
Way of St James Camiño Portugués da Costa, 168 m away
People in the municipality 295,735 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Pereiró661 m awayGondomar E.A.-Rúa Areal · Vigo E.I.-Gondomar E.A.-Morgadáns-Gondomar E.A.-Vigo E.I. · Ponte Internacional-Malvas-Tui-Mosende-Alto de San Colmado-CUVI-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
- Pereiró672 m awayGondomar E.A.-Rúa Areal · Vigo E.I.-Gondomar E.A.-Morgadáns-Gondomar E.A.-Vigo E.I. · Ponte Internacional-Malvas-Tui-Mosende-Alto de San Colmado-CUVI-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I.
- Praza As Travesas1.2 km awaySantiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · A Xunqueira-Vigo
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Concatedral de Santa María de VigoCathedral
Monastery of A Visitación das Salesas Reais, VigoMonastery
Castillo de San SebastiánCastle
Castro fortressCastle
Pazo de San RoquePazo (Galician manor)
Pazo of CastrelosPazo (Galician manor)
Hotel Pazo Los EscudosPazo (Galician manor)
Casa Torre de Ceta y ArinesPazo (Galician manor)