Cruceiro (stone wayside cross)

Cruz de Avelán

San Xoán de Laíño · Dodro · A Coruña · 1672

Cruz de Avelán, cruceiro (stone wayside cross) en Dodro

Photo: Dodro · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Stone cross in San Xoán de Laíño (Dodro), 190 m above sea level, 1.4 km from the Camiño A Orixe.

A Cruz do Abelán é un cruceiro de capela situado en San Xoán de Laíño (Dodro), a un quilómetro da igrexa de san Xoán indo cara ás aldeas da Devesa e Teaio. Celébrase tódolos anos unha romaría, no lugar onde se encontra o cruceiro, a comezos do mes de xuño.

Características

É un cruceiro de capela ou loreto datado no século XVII. Ten unha grosa columna que descansa sobre unha escada de tres chanzos, e sobre a que se alza a capeliña coroada por unha imaxe de Xesús Cristo. Está ben conservado a pesar da súa antigüidade; fáltalle a imaxe do interior da capela así como a tapa da caixón acoirazado ademais do retablo de ánimas, se é que algunha vez os tivo. Esta construción arquitectónica está datada no ano 1672, non podendo demostrarse que realmente fose de ánimas auténtico, por non aparecer estas citadas explicitamente na epígrafe e non conservar o retablo de ánimas no purgatorio.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Cruceiro de capela

Elevation here ≈ 190 m · Terrain Tiles

Nearest town Padrón, 6.9 km away

Way of St James Camiño A Orixe, 1.4 km away

People in the municipality 2,604 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Nearby