Pazo
Pazo de Tarrío
Dodro · A Coruña · 1567

O pazo de Tarrío é unha construción civil situada no lugar de Tarrío, parroquia de Laíño, no concello de Dodro, de titularidade privada. == Descrición == Iniciouse a construción en 1567 polo fidalgo Antonio Ballesteros del Mazo e a súa dona María Cardama, con posesións en Santiago de Compostela e en San Xián de Laíño. A planta ten disposición angular, conta cunha torre cuadrangular de amplas xanelas e posúe unha cheminea monumental. Na fachada principal hai unha escaleira que culmina nun patín e dá acceso á planta nobre. Ten unha fonte de dous canos que acubilla unha imaxe de Santo Antón e a capela do Corpus Christi. O escudo, do século XVIII, está composto por dúas béstas cruzadas (armas dos Ballesteros), unhas vieiras e cinco estrelas dispostas en cruz. == Historia == Erixido no século XVI, a súa construción foise desenvolvendo conforme medrou a fortuna da familia. En 1666, Antonio Ballesteros, consultor do Santo Oficio e rexedor da cidade de Santiago, causou un incendio que lle afectou á casa e no que arderon os papeis da facenda. A finais do século XVII comezaron os litixios entre os propietarios do pazo e a Igrexa. Durante a guerra de independencia española os franceses entraron no pazo e arramplaron co que puideron. En 1819 o arcebispo Rafael Muzquiz, pouco despois do paso das tropas francesas, visitou o pazo. Entre os decendentes máis sobranceiros da familia Ballesteros destaca Luís López Ballesteros, ministro de facenda durante o reinado de Fernando VII. A finais do século XIX, tralos prolongados e custosos preitos coa Igrexa pola titularidade, os Ballesteros perderon a capacidade económica para poder continuar co litixio e en consecuencia quedaron sen a propiedade do pazo no ano 1898, que pasou a pertencer deseguido á familia fidalga dos Romay. Dende entón o pazo comezou a deteriorarse, ata quedar en estado ruinoso a mediados do século XX. Juan Ramón Quintás, economista, catedrático e un dos políticos que participou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, adquiriu a propiedade[cando?] e rehabilitou o pazo. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Martínez-Barbeito, Carlos (1978). Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña (en castelán). Deputación da Coruña. ISBN 84-400-9700-X. Lorenzo Baleirón, Manuel (2008). Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga (PDF). Concello de Dodro. Rial, A.; Gago, Paz (1992). Dodro, Guía Turística. Tradución ó galego: Angueira, Anxo. Fotografías: Torreiro, Antón. Concello de Dodro. Depósito legal: 1651-92. Figueira, Silvia (2003). Dodro, un concello para ver. Concello de Dodro. Reboiras, Ramón (1987). "O pazo de Tarrío". Dorna (Universidade de Santiago de Compostela) (12): 39. ISSN 0213-3806. Na memoria de Eusebio Lorenzo Bértolo Ballesteros, José Manuel (2013). "Xenealoxía e heráldica dos Ballesteros del Mazo desde o século XVI ata os nosos días" (PDF). Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia: 51. === Outros artigos === Luís López Ballesteros === Ligazóns externas === Turismo.gal Xunta de Galicia.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Muronovoa 576 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A.
- Dodro (Concello)a 760 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Boiro · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Espiñ-Ribeira E.A.
- Dodro (Concello)a 781 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Espiñ-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Aguiño (centro médico)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.