Lake

Belesar reservoir

Rebordaos · O Saviñao · Lugo · 330 m

Belesar reservoir, lake en O Saviñao

Photo: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Lake in Rebordaos (O Saviñao, Lugo), 330 m above sea level, 5.2 km from Chantada.

O encoro de Belesar é unha presa artificial creada en 1963 no río Miño (a máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. Ten unha potencia máxima de 227 MW, e produce unha media de 732 GWh ó ano. A presa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do núcleo onde primeiro se proxectou, o lugar de Belesar (nas parroquias de Belesar e Diomondi), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.

Construción

Foi creado para abastecer unha central hidroeléctrica, operada na actualidade pola empresa Gas Natural Fenosa. A presa é obra do enxeñeiro Luciano Yordi de Carricarte, e o edificio de control da central eléctrica do arquitecto Juan Castañón de Mena. No encoro traballaron forzados presos políticos, que vivían en condicións moi duras. Polos terreos expropiados para a súa construción pagáronse prezos moi baixos . A construción do encoro supuxo anegar case 2.000 hectáreas de terreo fértil, ademais da desaparición do Castro Candaz e da vila de Portomarín, que se reedificou preto da súa antiga localización. Outros lugares habitados desapareceron tamén baixo as augas do encoro, como Mourulle, Pincelo, Abeledo ou Portomeñe.

Galería de imaxes

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Encoro

Area 1.910 m²

Elevation 330 m

Nearest town Chantada, 5.2 km away

People in the municipality 3,468 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby