Party

Folión de Fachas

Vilelos · O Saviñao · Lugo

Folión de Fachas, party en O Saviñao

Photo: Wikimedia Commons · CC BY-SA 2.0 · view the file ↗

Party in Vilelos (O Saviñao, Lugo), 559 m above sea level, 8.5 km from Chantada.

O Folión de Fachas é unha festa que se celebra o último venres de setembro no lugar da Besta (Vilelos, O Saviñao). Está na liña do Folión de Castelo, tamén coñecido como Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, e coa Festa dos Fachós do Castro de Caldelas. Os folións de fachas eran comúns nas vésperas de festa na Ribeira Sacra, ademais doutras celebracións como Os Remedios na cidade de Ourense, por Allariz e na Merca. Destaca o Folión de Vilelos por ser o que mellor conserva a tradición de subir, en procesión, con fachas con lume o castro do lugar. Nas semanas previas os veciños percorren os soutos á procura de agucios secos, destinados á elaboración das fachas. Estas lévanse o día indicado ao campo da festa. Á media noite préndenlles lume e ascenden con elas ata a croa do castro.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Festa

Elevation here ≈ 559 m · Terrain Tiles

Nearest town Chantada, 8.5 km away

People in the municipality 3,468 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Nearby