Hillfort
Monte do Castro
Besomaño · Ribadumia · Pontevedra · 113 m
Photo: P.Lameiro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Hillfort in Ribadumia (Spain), 113 m above sea level, 1.6 km from the Camiño Portugués Variante Espiritual.
O Monte do Castro ou Castro de Lameán de Arriba, de Ribadumia é un poboado castrexo situado entre as parroquias de Besomaño e Leiro. Está a ser escavado e restaurado dende o ano 2011, con financiamento da Deputación de Pontevedra e dirección do arqueólogo Rafael Rodríguez. O castro caracterizábase por estar moi destruído por canteiras e obras recentes para a extracción de xabre. Porén, a intervención arqueolóxica no socalco occidental permitiu coñecer unha enorme cantidade de estruturas de diferentes épocas, nun relativamente bo estado de conservación. Nun momento da súa historia o castro semella ter sido destruído completamente por un incendio: este feito tende a interpretarse como froito da violencia da conquista romana, a raíz dos restos atopados. Entre os achados de maior relevancia pode destacarse unha escultura antropomorfa toscamente tallada e moi erosionada, aparecida na muralla na zona da entrada na campaña do ano 2012. Este e outros obxectos procedentes do lugar están expostos no "edificio Sarmiento" do Museo de Pontevedra.
Galería de imaxes
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
Period Castro culture (Celtic)
What it is Fortified enclosure
Also known as Monte do Castro, Leiro e Besomaño
Elevation 113 m
Nearest town A Escusa, 3.2 km away
Way of St James Camiño Portugués Variante Espiritual, 1.6 km away
People in the municipality 5,171 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Lois (Carracho)423 m awayCambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · Cambados E.A-Sisán-Mosqueiro-Ribadumia-Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A · Cambados E.A-Oubiña-Curro-Pontevedra E.A · Cambados E.A-Barrantes-Ribadumia-Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · Testos-A Goulla
- Lois (Carracho)442 m awayCambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · Cambados E.A-Oubiña-Curro-Pontevedra E.A · TESTOS-A Goulla · Testos-Pontevedra E.A.
- Leiro (igrexa)483 m awayCambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · Vilagarcía E.A.-Ponte Arnelas-Barrantes I
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
