Monastery
Convento da Nosa Señora de Valdeflores
Viveiro · Lugo
Photo: David · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Religious building in Viveiro, 6 m above sea level, 889 m from Viveiro.
O Mosteiro da Nosa Señora de Valdeflores é un mosteiro situado no alfoz da vila de Viveiro, preto do río Landro. Este edificio relixioso está rexido pola congregación das dominicas contemplativas (Orde dos Predicadores), orde fundada por Domingos de Guzmán. A fundación do convento remóntase ao século XV. A igrexa, tamén do século XV, de estilo gótico, momento tamén ao que corresponde a talla da Virxe de Valdeflores a cal se venera neste templo. Esta imaxe, segundo conta a tradición, foi atopada nos terreos sobre os que se ergue o mosteiro. O edificio do mosteiro é de finais do século XVII.
Características
O mosteiro conta cun gran claustro que foi remodelado nos séculos XVI, XVIII e XX. A igrexa presenta riscos románicos e oxivais (gótico). A torre do campanario data de 1618, para a súa construción tomouse como referencia a do desaparecido convento de San Domingos. A portada é oxival con arco interior en forma de trevo e con arcos sostidos por columnas e capiteis de follas. Sobre ela existe unha escultura de San Domingos proveniente do desaparecido convento dominico. O interior é dunha soa nave, con presbiterio e coros alto e baixo ao fondo. Tralo retablo óllanse restos de pinturas murais. Entre a moblaxe salienta o órgano do século XVIII e un Lignum Crucis traído de Xerusalén pola beata Costanza de Castro.
Galería de imaxes
Outros artigos
Convento da Concepción de Viveiro Igrexa de San Francisco de Viveiro Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro Capela da Misericordia de Viveiro Semana Santa de Viveiro
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Mosteiro
Dedicated to Nosa Señora
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 6 m · Terrain Tiles
Nearest town Viveiro, 889 m away
People in the municipality 15,091 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Avda. Xunqueira62 m awayLugo E.A.-Burela E.A. · Viveiro E.A.-Abuín · Viveiro E.A. - As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas) · Viveiro E.A. - As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas) · Santiago E.I. - Viveiro E.A. - Burela E.A. · Lugo E.A.-Burela E.A.
- Rúa Verxeles (fonte)182 m awayViveiro E.A.-Abuín
- Rúa Verxeles (fonte)205 m awaySanta Mariña-Viveiro E.A. · VIVEIRO E.A.-SANTA MARIÑA · Viveiro E.A.-Abuín · A Viga (enlace I)-Viveiro E.A. · Viveiro E.A.-A Viga (enlace I)
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
