Monastery
Monastery of San Salvador, Ferreira de Pantón
Ferreira de Pantón · Pantón · Lugo
Photo: GFreihalter · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Religious building in Ferreira de Pantón, Pantón, 372 m above sea level, 497 m from O Castro de Ferreira.
O mosteiro do Divino Salvador de Ferreira de Pantón é unha construción relixiosa situada na parroquia de Ferreira de Pantón, no concello de Pantón. É o único mosteiro feminino da orde do Císter en Galicia.
Historia
Parece que foi un mosteiro dúplice desde os primeiros tempos até o século XII. En 1175, despois dunha fase de decadencia, a condesa Fronilda de Lemos restaura a vida monástica, o mosteiro rehabilítase e intégrase na orde do Císter baixo dirección dos monxes do mosteiro de Santa María de Meira. A xurisdición destes prolongarase até 1600, cando o cenobio se integra na Congregación de Castela. Foi declarado Monumento Histórico-Artístico de carácter nacional en 1975. Como Ben de Interese Cultural (BIC.000.328) foi incluído en 2018 na declaración de Ben de Interese Cultural da paisaxe cultural da Ribeira Sacra. É o único mosteiro da Ribeira Sacra que mantén a unha comunidade relixiosa.
Descrición
Accédese ao conxunto a través dun arco de entrada do século XVIII. A fachada é de tipo renacentista. Posúe un torreón á dereita, rematado nun mirado con balaustrada de pedra. O seu único claustro -o regular- atópase ao oeste da igrexa, pegado á fachada da mesma. A hospedaría, con galería e columnata de pedra a modo de pazo, forma ángulo co edificio. No espazo oposto está a Casa das Donas, onde se aloxaban as damas da nobreza que tomaban os hábitos. No interior do mosteiro, destaca a parte baixa do claustro renacentista: arcos de medio punto sobre capiteis xónicos e bases toscanas sosteñen unha cornixa saínte sobre a que debía descansar un segundo claustro que non chegou a construírse.
A igrexa
A igrexa do mosteiro é o maior valor artístico do conxunto pola súa ornamentación profusa e diversa, sobre todo na súa ábsida. Considérase que a súa construción foi anterior á incorporación do mosteiro á orde do Císter. Consta dunha soa nave rectangular. A ábsida ten forma semicircular precedida de tramo recto. Neste tramo, cuberto con bóveda de canón, están os sepulcros de Diego e seu fillo, Lope Sánchez de Lemos. O tramo curvo, con bóveda de cuarto de esfera, ten tres ventás enmarcadas por arcos de medio punto, ao dereito e invertidos. Tamén na ábsida son admirábeis os motivos vexetais, animais e antropomorfos dos capiteis e dos canzorros.
Galería de imaxes
Outros artigos
Mosteiros e conventos de Galicia
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Mosteiro
Dedicated to San Salvador · Santa María
Also known as Mosteiro das Bernardas
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 372 m · Terrain Tiles
Nearest town O Castro de Ferreira, 497 m away
People in the municipality 2,351 (2025) · IGE
Getting there by bus
- MONASTERIO DE FERREIRA45 m awayMonforte E.A.-Currelos · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Vilabus (garaxe)-Currelos · IES A Pinguela-Currelos · IES A Pinguela-Currelos
- O Curro239 m awayFerreira de Pantón (enlace)-Paderne · CEIP Monte Baliño-Paderne · CEIP Monte Baliño-Paderne (enlace) · CEIP Monte Baliño-Paderne · Ferreira de Pantón (enlace)-Paderne
- O Curro (marquesiña)265 m awayMonforte E.A.-Currelos · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Vilabus (garaxe)-Currelos · IES A Pinguela-Currelos · IES A Pinguela-Currelos
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
