Church building
Church of San Fiz de Cangas
San Fiz de Cangas · Pantón · Lugo
Photo: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Cultural property in Pantón, Spain, 492 m above sea level, 2.5 km from O Castro de Ferreira.
A igrexa de San Fiz de Cangas, é un templo relixioso situado na parroquia de San Fiz de Cangas, no concello lugués de Pantón. É o único que queda dun mosteiro de orixe visigótica. Como mosteiro de monxas bieitas aparece citado en documentos dos anos 1180 e 1119; en 1289 recibe doazón de dona Urraca Iáñez e, no ano 1515, é anexionado ó mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares.
Arquitectura
A igrexa é de arquitectura románica do século XII, con elementos de transición. A planta exteriormente aparenta ser de cruz latina, pero ten unha soa nave con tres ábsidas poligonais, ante as cales se cruza outra nave. A porta principal presenta un arco lixeiramente apuntado, e o seu tímpano vai decorado cuns relevos que representan o Sol e a Lúa cunha cruz grega no centro, baixo os cales represéntase unha estrela de oito puntas e uns rectángulos concéntricos. A estrutura orixinal da igrexa foi modificada no século XVII ó suprimirse a ábsida lateral esquerda para albergar no seu lugar a capela de Torrenovais, da Casa de Espasantes, na que foi colocado o sepulcro de don Rodrigo López de Quiroga, cabaleiro de Santiago e comendador de Anguera; o sepulcro é de arcosolio, coa figura orante do defunto.
Galería de imaxes
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Church · Monumento
Dedicated to Fiz de Xirona
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 492 m · Terrain Tiles
Nearest town O Castro de Ferreira, 2.5 km away
People in the municipality 2,351 (2025) · IGE
Getting there by bus
- SERODE463 m awayFerreira de Pantón (enlace)-Frontón · CEIP Monte Baliño-A Piuca (cruzamento) · CEIP Monte Baliño-A Piuca (cruzamento) (enlace) · CEIP Monte Baliño-A Piuca (cruzamento) · Ferreira de Pantón (enlace)-Frontón
- Guende962 m awayFerreira de Pantón (enlace)-Frontón · CEIP Monte Baliño-A Piuca (cruzamento) · CEIP Monte Baliño-A Piuca (cruzamento) (enlace) · CEIP Monte Baliño-A Piuca (cruzamento) · Ferreira de Pantón (enlace)-Frontón
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

