Monastery
Monastery of Santa María a Real of Oseira
San Cristovo de Cea · Ourense · 1137
O mosteiro de Santa María de Oseira é un mosteiro medieval da parroquia de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea. De fundación bieita, no século XII incorporouse ao Císter, e ao longo da súa historia tivo unha grande importancia económica e social para a comarca e terras máis afastadas. Desamortizado no século XIX, foi reocupado no XX por monxes da Orde da Trapa. == Toponimia == Ursaria era o nome co que se coñecía Oseira, cuxo significado é país ou terra de osos (ursus en latín). Especulaba Yáñez Neira que a súa orixe podería estar na presenza deste animal na zona en épocas remotas. De alí a presenza deste mamífero no escudo de armas do mosteiro. Outra interpretación é que o topónimo Ursaria fixese alusión ao lugar abrupto onde está situado o mosteiro, nun val alto da serra de Martiñá. Idea exposta orixinalmente por frei Tomás de Peralta no século XVII: "O sitio é unha montaña, cuxas inaccesibles costas, e empinados riscos cansa horror ao que as mira". Polas súas dimensións o mosteiro foi tamén coñecido como "O Escorial dos Bernaldos" ou "O Escorial de Galicia". == Historia == Coñécese da súa existencia desde 1137, pero aos poucos anos converteuse nun mosteiro dependente da Orde do Císter e no ano 1141 estableceuse unha colonia de monxes franceses enviados por San Bernaldo. No século XII viviu o anacoreta alemán San Famiano ou Quardo, o primeiro membro canonizado do Císter. Segundo Otero Pedrayo "Os dominios de Oseira comprendían as montañas e as súas abas da Serra de Martiñá, Pena de Francia, Vales de Oseira en Carballedo de Chantada, as vilas de Cea (onde era conde o abade do mosteiro), e Carbaliño, o couto de Santa Cruz de Arrabaldo, beiras do Miño e a vila de Marín, na ría de Pontevedra." En agosto de 1552 un incendio destruíu case toda a obra románica e oxival, salvouse a cabecera e a nave da igrexa. Volveuse a levantar entre os séculos XVI e XVII. No ano 1835, como consecuencia da desamortización de Mendizábal, os freires deixaron o convento, que quedou totalmente abandonado propiciando o espolio do lugar. Os monxes volveron de novo en 1929, comezando a súa reconstrución. O entón bispo de Ourense, Florencio Cerviño, fomentou a súa reapertura coa instalación dunha comunidade de monxes trapistas procedentes da abadía da Nosa Señora das Neves en Saint-Laurent-les-Bains-Laval-d'Aurelle (Francia). En 1909 na resistencia á retirada do seu baldaquino mataron 6 persoas, na que se coñece como masacre de Oseira. Dirante a guerra civil española confinaron nel presos políticos. En 2020, o mosteiro acollía a 11 relixiosos dos que 6 eran tamén sacerdotes. Manteñen aberta unha hospedaxe e elaboran pastas, chocolates e licores. == Descrición == A igrexa abacial, foi construída entre os anos 1200 e 1239, aproximadamente, e é considerada unha das obras cume da arquitectura cisterciense da Península Ibérica, cun característico estilo románico oxival, e está claramente influenciada polas igrexas de peregrinación. A sala capitular do mosteiro data de fins do século XV e está sustentada por catro columnas centrais de fustes tortos rematando nunha orixinal bóveda. No antigo refectorio do mosteiro pode visitarse o Lapidarium ou Museo da Pedra, unha colección de obxectos e restos de pedra obtidos durante as restauracións feitas no mosteiro e as escavacións arqueolóxicas: lápidas, capiteis, columnas, elementos decorativos etc. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Muñiz, Roberto (1784). Medula historica cistercience.3. (en Castelán). Valladolid: De Santander. Otero Pedrayo, Ramón (1980). Guía de Galicia (en Castelán) (5ª ed.). Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-365-6. OCLC 24671831. Peralta, Tomás (1677). Fundacion, antiguedad y progressos del Imperial Monasterio de Nuestra Señora de Ossera, de la Orden de Cister. (en Castelán). Madrid. ISBN 9788445318874. OCLC 433020421. Romaní Martínez, Miguel; El Monasterio Cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense): Estudio Histórico (1137-1310), USC, 335 p., 1989. Valle Pérez, José Carlos; artigo "OSEIRA, Mosteiro de" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- MIRALLOSa 908 mCPI Virxe da Saleta-Mirallos · CPI Virxe da Saleta-Mirallos
- Boullaa 978 mBETAR-CPI VIRXE DA SALETA · Vilanfesta (cruzamento)-Carballiño IES Nº1 · Vilanfesta (cruzamento)-Carballiño IES Nº1
- Tanxila 992 mBETAR-CPI VIRXE DA SALETA · Vilanfesta (cruzamento)-Carballiño IES Nº1 · Vilanfesta (cruzamento)-Carballiño IES Nº1
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.