Protected area

Pena Veidosa

Vales · San Cristovo de Cea · Ourense · 2004

Pena Veidosa, protected area en San Cristovo de Cea

Photo: Iago Casabiell González · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Protected area in Spain, 969 m above sea level, 1.9 km from the Camiño Xabrés.

Pena Veidosa é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe cumes como o da pena Veidosa e bosques de montaña arredor do nacemento do río Arenteiro. Esta área de conservación ocupa 2.321 ha. dos concellos lucenses e ourensás de Carballedo e San Cristovo de Cea.

Fauna e flora

Flora

Nos penedos do espazo están presentes rochedos con vexetación casmofítica e pioneira. Dominan ademais os queirogais e prados pobres de sega ou estepas de gramíneas. As ribeiras do espazo fórmana os abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior). As carballeiras da pena Veidosa fórmanas os carballos comúns (Quercus robur) e cerquiños (Quercus pyrenaica).

Fauna

Neste espazo existen poboacións das especies en risco de Geomalacus maculosus e Lucanus cervus. Conta tamén con nove especies de aves con algún interese de conservación. As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:

Lexislación

A Pena Veidosa foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.

Galería de imaxes

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Espazo natural protexido · Zonas de especial protección dos valores naturais

Area 2.330 m²

Elevation here ≈ 969 m · Terrain Tiles

Nearest town Cea, 7.5 km away

Way of St James Camiño Xabrés, 1.9 km away

People in the municipality 1,963 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Nearby