Monastery

Monastery of San Martiño de Vilalourente

Os Remedios · Mondoñedo · Lugo

Monastery of San Martiño de Vilalourente, monastery en Mondoñedo

Photo: Certo Xornal from Ribeira, Galicia, España · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Monastery in Os Remedios (Mondoñedo, Lugo), 266 m above sea level, 1.3 km from the Camiño natural de San Rosendo.

O mosteiro dos Picos ou mosteiro de San Martiño de Vilalourente é un antigo mosteiro medieval situado nos arredores da vila de Mondoñedo, na parroquia dos Remedios do concello de Mondoñedo.

Historia

Algúns documentos apuntan que foi construído en 1348. O mosteiro xa existía no século XIV. Os franciscanos foron os seus primeiros moradores e máis tarde serviu como Hospital de Peregrinos do Camiño Norte. A comezos do século XVIII, con Juan Antonio Muñoz Salcedo como bispo de Mondoñedo, remodelouse o templo: reconstituíse o campanario para darlle máis altura e derribouse a anterior igrexa. O bispo pagou as obras de construción da nova e o seu retablo maior. Foi habitado polos Pasionistas entre 1884 e 1964, ficando deshabitado ata a actualidade. Popularmente coñécese como mosteiro dos Picos debido á vestimenta dos primeiros monxes que o habitaron. A subida ao mosteiro coñécese co nome de "Calvario" pola existencia dun Viacrucis bastante deteriorado (só quedan 9 estacións das 14 que debería de haber).

Edificación

A igrexa consta dunha nave en tres tramos cubertos de nervatura gótica, cúpula con lanterna, presbiterio, claustro rectangular de dous pisos con arcos no baixo e ventás no alto, construído a partir de 1687, cociña antiga e escaleira principal do século XVIII. Fachada principal barroca cun ollo de boi central e unha torre lateral de dous corpos e remate en cúpula. No interior ten un retablo maior salomónico con esculturas, dous retablos laterais barroco e moderno e cadeirado do coro barroco.

Estado actual

Hoxe atópase en estado ruinoso e está totalmente abandonado. A igrexa comeza a ter fendas e o edificio do mosteiro ten os tellados fendidos e a silveira devora o recinto pola parte de atrás. No ano 2001 estivo a piques de ser rehabilitado. A Consellería de Cultura achegou diñeiro para reparar tellados e un obradoiro local restaurou o claustro. Hoxe todo está inaccesible e o acceso ao interior está prohibido.

Galería de imaxes

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Mosteiro

Dedicated to Martiño de Tours

Elevation here ≈ 266 m · Terrain Tiles

Nearest town Mondoñedo, 1.4 km away

Trail nearby Camiño natural de San Rosendo, 1.3 km away

People in the municipality 3,301 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby