Museum

Museo Arqueolóxico e Histórico (La Coruña, Spain)

A Coruña

Museo Arqueolóxico e Histórico (La Coruña, Spain), museum en A Coruña

Photo: Alma · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Archaeological museum in Coruña, 601 m from the Camiño Inglés.

O Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de Santo Antón está situado no castelo do mesmo nome, no paseo marítimo da cidade da Coruña. Foi inaugurado en outubro de 1968. O castelo de Santo Antón foi comezado en 1588 sobre a illa de Santo Antón, como elemento defensivo da cidade fronte ós ataques por mar. Posteriormente, e ata ben avanzada a ditadura franquista, foi utilizado como prisión militar e política. En 1949 foi declarado monumento histórico-artístico e, en 1960, o Ministerio de Defensa cedeu a fortaleza ó concello da Coruña, quen aprobou a conversión do edificio en museo arqueolóxico provincial en 1964, centrado na arqueoloxía e historia da cidade. Foi o arquitecto Pons Sorolla quen realizou a consolidación e reformas necesarias para a adaptación como espazo museístico e, finalmente, abriuse ó público o 5 de outubro de 1968, baixo a dirección de José María Luengo Martínez. Con posterioridade realizáronse novas reformas baixo a dirección de Manuel Gallego Jorreto, como a reconstrución, en 1993, da Casa de Botes, destinada á recepción e biblioteca, no terreo que ocupaba antigamente o edificio que, baixo ese nome, servía de punto de chegada á illa das barcas que procedían da cidade. Ao xa mencionado José María Luengo Martínez, primeiro director de 1968 a 1972, sucedeuno Luis Monteagudo García, que ocupou o cargo ata 1975. A dirección máis longa foi a de Felipe Senén López Gómez que ocupou o cargo de 1975 a 1996. Desde entón o director é Xosé María Bello Diéguez.

Seccións

Os fondos do museo divídense en tres seccións que se reparten en zonas ben diferenciadas:

Arqueoloxía

Na planta baixa do castelo expóñense pezas da prehistoria e historia antiga, principalmente da provincia da Coruña pero tamén doutras partes de Galicia, desde o paleolítico ata a romanización de Galicia. Entre as pezas expostas cómpre destaca-la colección de ourivaría pre e protohistórica, como o casco de Leiro (Rianxo), datado no 700 a.C., o torques de Xanceda (Mesía) ou o tesouro do castro de Elviña. Dentro da Idade de Bronce, pódense ver puñais, espadas, puntas de lanza, machados de distinto tipo e numerosos muíños de man, todos eles procedentes de escavacións en diferentes puntos da provincia (monte Lioira (Rianxo), lagoa de Alcaián (Coristanco), Isorna (Rianxo), Taraio (Malpica), Carnota, Dombate, Mina da Parxubeira (Mazaricos), Arca da Piosa (Zas) etc.). Da época romana destaca a Tabula lougeiorum, procedente do castro de Cido (Folgoso do Courel). Trátase dunha placa de bronce datada no ano 1 d.C., que documenta o tratado de hospitalidade entre Caio Asinio, en nome de Roma, e o pobo ástur dos Louget. No campo da epigrafía latina ten varias estelas funerarias como a estela de Primiano (de Oza Cesuras), a de Victorinus (de Tines, Vimianzo) ou a de San Pedro de Grandal (de Vilarmaior) así como varias aras votivas adicadas á Deusa Fortuna e a Xúpiter Óptimo Máximo ou a divindades galaicas como Coso ou os Lugoves. Pezas destacadas son tamén unha pequena estatua de bronce do deus Mercurio e o ídolo fálico do Castro de Elviña. No apartado da ourivaría están expostos torques, diademas e colares. Nas vitrinas adicadas á vida cotiá pódense atopar xerras, fragmentos de ánforas, fichas de xogos e dados. A maioría destas pezas proceden do campamento romano da Ciadella, en Sobrado. Os ritos funerarios están representados na sección "Morrer na aldea, morrer na cidade", que ademais das estelas e inscricións funerarias citadas anteriormente conta cun esqueleto dunha muller nova, disposto con tegulae a dúas augas e acompañado de varios exemplares de urnas funerarias. A sección de arqueoloxía acolle tamén unha sala destinada a Outras culturas, na que se expoñen obxectos procedentes das escavacións realizadas por equipos españois en Nubia en 1960, con motivo da construción da presa de Asuán. Tamén unha colección de puntas de frecha, machados etc. do paleolítico saharauí, datados en 2.500 a.C. Na antiga cociña do castelo expóñense diversas pezas de cerámica popular galega.…

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Museo arqueolóxico

Opened 1968

Official name Museo Arqueolóxico E Histórico Castelo Santo Antón, a Coruña

Protected as Ben de Interese Cultural

Elevation here ≈ 0 m · Terrain Tiles

Nearest town A Coruña, 843 m away

Way of St James Camiño Inglés, 601 m away

People in the municipality 251,277 (2025) · IGE

Getting there

Address Castelo de Santo Antón

See on the mapRead on WikipediaOfficial websiteDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby