Pazo (Galician manor)

Torre de Coruxo

Liáns · Oleiros · A Coruña

Torre de Coruxo, pazo (galician manor) en Oleiros

Photo: Vilachan · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Cultural property in Oleiros, Spain, 16 m above sea level, 314 m from O Porto de Santa Cruz.

A Torre de Santa Cruz, tamén coñecida cos nomes de Torre de Coruxo ou Pazo de Coruxo é un pazo situado no lugar de Coruxo de Abaixo, na parroquia de Santaia de Liáns (concello de Oleiros). O 17 de outubro de 1994 foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Descrición

O edificio está formado por varias torres ameadas con perpiaños de granito. Ten os muros recebados, con perpiaños á vista nas esquinas e nos vans. No xardín pódese salientar a presenza dun ombú catalogado na lista de árbores senlleiras de Galicia.

Historia

A orixe do pazo remóntase ao século XVII e está ligada a unha liñaxe oriúnda da mesma parroquia de Liáns, apelidada Freyre de Moscoso ou Freyre de Somorrostro. Xa a finais do século XVIII, a torre de Coruxo foi adquirida e reedificada por don Martín de Torres Moreno, cabaleiro de Santiago, orixinario de Tierra de Cameros (A Rioxa) e descendente da familia nobiliaria do Solar de Tejada. Martín de Torres Moreno fundou na Coruña unha casa de comercio e banca. Os seus descendentes pasaron a ser parte da elite acomodada coruñesa que posuía quintas de recreo nas parroquias próximas á cidade, na liña do que acontecía con Marcial del Adalid e Francisca Herrera Garrido no veciño pazo de Lóngora ou Emilia Pardo Bazán e Xosé Quiroga tanto no castelo de Santa Cruz como no pazo de Meirás.. O seu bisneto, Fernando Torres Calderón, morreu sen descendencia, de xeito que a propiedade foi incautada polo réxime franquista e pasou ás mans da Sección Femenina falanxista. Este organismo fixo unha profunda reforma do edificio para dedicalo á organización de campamentos de verán. Coa morte do xeneral Franco, o movemento veciñal reclamou o uso do predio, longamente abandonado, para a creación dunha escola pública. En 1981 abríronse as primeiras cinco aulas do Colexio Público As Torres, que foi a orixe do CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal, inaugurado en 1987 pola Xunta de Galicia nuns terreos contiguos cedidos polo Concello. Dado que o edificio quedara liberado dos seus usos educativos, o Concello de Oleiros reformouno en 1992 e creou o Centro Cultural As Torres, conformado polo Teatro Municipal As Torres, a Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" e mais o Museo Os Oleiros "José María Kaydeda".

Outros artigos

Pazos de Galicia

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Pazo

Also known as Torre de Santa Cruz

Protected as RI-51-0008859 · Ben de Interese Cultural

Catalogue ref. RI-51-0008859

Elevation here ≈ 16 m · Terrain Tiles

Nearest town O Porto de Santa Cruz, 314 m away

People in the municipality 38,750 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby