Petroglyph

Petróglifos do Monte Tetón

Tebra · Tomiño · Pontevedra

Petróglifos do Monte Tetón, petroglyph en Tomiño

Photo: Lansbricae from Santiago de Compostela, España · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Archaeological site in Spain, 450 m above sea level, 925 m from the Caminho Português de Nossa Senhora do Norte.

Os petróglifos do Monte Tetón son un conxunto de gravados rupestres situado en Tebra (Tomiño), no monte Tetón.

Descrición

Os petróglifos sitúanse no chamado Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón, acondicionado pola comunidade de montes de Tebra e o Concello de Tomiño, nun espazo onde tamén se atopa a mámoa do Outeiro da Pipa. Acolle un dos conxuntos máis importantes de arte rupestre do sur de Europa, xa que se atoparon preto de 200 gravados en rocha granítica da época da Idade do Cobre e a Idade de Bronce (entre os anos -2500 e -900). As gravuras, feitas en granito, mostran unha ampla gama de motivos abstractos e figurativos, incluíndo figuras de animais e humanas, así como figuras xeométricas concéntricas. O Grupo 1, tamén chamado petróglifo de Portaxes, confórmano unha laxe bastante fracturada de máis de 100 m², orientada ao leste sobre o val do curso baixo do río Miño. Ten unha gran concentración de combinacións circulares, coviñas, e círculos concéntricos con coviña central e liña de entrada ou saída, con aproveitamento das irregularidades da pedra para realzar o deseño. Hai varias figuras cuadrangulares asociados entre si mediante liñas, que se interpretaron como unha rudimentaria representación cartográfica. Tamén hai figuras antropomorfas esquemáticas, unha escena de monta, cérvidos, muíños naviculares e unha figura humana cunha arma. Amais, hai unha figura de dezaoito círculos concéntricos de entre 2,2 e 2,4 m de diámetro. O Grupo 2 está uns 60 m ao sur da primeira, nunha rocha con círculos e coviñas que aproveitan as irregularidades da superficie. O Grupo 3, tamén chamado petróglifo do Real Seco, é posiblemente o labirinto circular máis grande de Europa. Situado a 180 m ao oeste do 1, ao pé dunha caseta forestal, está composto por unha figura con 18 aneis concéntricos, algo deteriorados, cun diámetro máximo de 3,5 metros. .

Outros artigos

Grupo Galaico de Arte Rupestre

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Petroglyph · Sitio arqueolóxico

Elevation here ≈ 450 m · Terrain Tiles

Nearest town Gondomar, 6.3 km away

Way of St James Caminho Português de Nossa Senhora do Norte, 925 m away

People in the municipality 13,814 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby