Beach
As Illas
A Devesa · Ribadeo
Photo: Balles2601 / Wikimedia Commons / CC BY-SA 4.0 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Beach in Spain, 6 m above sea level, 7.9 km from Ribadeo.
A praia das Illas está situada no termo da parroquia da Devesa, na zona da aldea da Rochela. A súa anchura media estímase entre 9 e 10 m, e a súa lonxitude é de 750 m (aínda que outras fontes din ter 98 m), sendo o nivel de ocupación alto nos períodos estivais. A praia dispón de area branca e fina, sendo unha praia aberta con ondas moderadas e rectilíneas. Conta coas especies faunísticas propias de calquera praia, sobre todo aves. Enmarcada no medio dunha paraxe rochosa de extraordinaria fermosura, igual que a veciña praia dos Castros, coa que se comunica na baixamar. Na preamar, ocorre que, dependendo das correntes mariñas de cada ano, esta praia pode desaparecer e sexan só olladas varias illas que se sitúan no areal, das que toma o nome. Esta, xunto coas praias de San Miguel de Reinante (Barreiros), As Catedrais, Esteiro, Os Castros, Areosa e Olga (todas de Ribadeo), conforma a Zona das Catedrais, espazo natural protexido e catalogado coma "Rede Natura 2000". A praia dos Castros-As Illas recibiu a bandeira azul no 2015. Dispón de servizo de salvamento (os feridos son trasladados ao Hospital Comarcal da Costa-Burela) e sinalización do estado de mar. Está próxima ao Porto Deportivo de Foz. A ela pódese chegar saíndo de Ribadeo pola estrada N-634 en dirección a Lugo, ata desviarnos por un ramal á dereita sinalizado, que nos leva xusto ata o recurso. Ten a maiores outros servizos (a maioría deles a uns 500 m): aparcadoiros, teléfonos, restaurante e bar, hoteis, Cruz Vermella e servizo de vixilancia. Na praia tamén dispón de servizos, ademais dos mencionados: duchas, pasarelas, limpeza diaria.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Praia de area branca
Length 190 m
Elevation here ≈ 6 m · Terrain Tiles
Nearest town Ribadeo, 7.9 km away
People in the municipality 9,996 (2025) · IGE
Getting there by bus
- PRAIA DAS ILLAS86 m awayRibadeo E.A.-Foz E.A. · Ribadeo E.A.-Foz E.A.
- PRAIA DOS CASTROS349 m awayRibadeo E.A.-Foz E.A. · Ribadeo E.A.-Foz E.A.
- ESTEIRO415 m awayRibadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.



