Beach
Beach of Esteiro, Ribadeo
A Devesa · Ribadeo · Lugo
Photo: Agremon · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Beach in Spain, 6 m above sea level, 8.6 km from Ribadeo.
A praia de Esteiro está localizada no termo da parroquia da Devesa no concello de Ribadeo. Dispón dunha lonxitude de 60 m (algunhas fontes aumentan esta lonxitude ata 100 m). A anchura media rolda entre os 6 m e os 10 m.
Características
Ten forma de enseada, bañada polas augas do mar con ondas moderadas. O seu contorno está sen urbanizar sendo en zonas próximas a abundancia de pradeiras. Situada na enseada do Cadramón (entre as praias das Catedrais e As Illas), é moi recomendable para os máis cativos, xa que na baixamar formase unha pequena lagoa na que se pode gozar do baño sen perigo. Tamén se sitúa cerca do porto deportivo de Foz. Todo o longo a praia pódese percorrer pisando unha area branca e fina e non dispón de bandeira azul; polo cal tampouco é habitual que haxa un equipo de salvamento na zona, en todo caso, de haber algún ferido, sería traslado o Hospital Comarcal da Costa-Burela. Conta coa típica poboación faunística do litoral. A mesma praia (xunto coas praias de San Miguel de Reinante (Barreiros), As Catedrais, As Illas, Os Castros, Areosa e Olga (todas de Ribadeo), conforman a Zona das Catedrais, espazo natural protexido e catalogado como Rede Natura 2000. O seu acceso vai dende Ribadeo pola estrada N-634 na dirección a Lugo, ata desviarse por un ramal a dereita sinalizado, que leva xusto ata a praia. En canto aos servizos de atención, esta praia dispón de moi poucos, aparcadoiros a menos de 500 m, non hai duchas na praia pero si moi preto dela; en canto o servizo de limpeza, so é activo na época estival. Nesta época tamén ten servizo de vixilancia e sinalización do mar, que diminúen ata quedar case inexistentes no inverno.
Outros artigos
Praias da provincia de Lugo
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Praia de area branca · Praia de rochas
Length 52 m
Elevation here ≈ 6 m · Terrain Tiles
Nearest town Ribadeo, 8.6 km away
People in the municipality 9,996 (2025) · IGE
Getting there by bus
- PRAIA DE ESTEIRO40 m awayRibadeo E.A.-Foz E.A. · Ribadeo E.A.-Foz E.A.
- ESTEIRO344 m awayRibadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro
- A Rochela602 m awayLugo E.A.-Ribadeo E.A. · A Espiñeira-Ribadeo E.A. · A Coruña E.A.-Ribadeo E.A.
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.



