Beach

Areas Beach

Sanxenxo · Pontevedra

Areas Beach

A praia de Areas é un areal galego do concello de Sanxenxo, situado na ría de Pontevedra. En 2026 mantiña o distintivo da Bandeira Azul. Ten unha forma rectilínea e semicurva nun extremo e está situada nun ámbito urbano de baixa densidade de poboación, maioritariamente flotante ou estacional. Limitada no extremo este pola pequena Cala dos Mortos, con acceso en baixamar e Punta Cabicastro. Composta por area branca e fina. Recollida dos ventos, con augas tranquilas propicias para realizar deportes acuáticos: esquí acuático, vela, motonáutica, wíndsurf (con límite á praia de 200 metros). Existe un fondeadoiro para embarcacións. No seu extremo oriental atópase a Punta de Areas que delimita a ría interior da exterior. == Acceso == Dende Sanxenxo, tomar a estrada C-550 dirección a Pontevedra. No lugar de Areas, tomar desvío sinalizado á dereita á praia. == Notas ==

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby