Beach
Portonovo
Adina · Sanxenxo · Pontevedra
Photo: Lameiro · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Beach in Spain, 2 m above sea level, 601 m from Portonovo.
A praia de Baltar ou praia de Portonovo é un areal situado en Portonovo (Sanxenxo). En 2016, como en anos anteriores, foi recoñecida co distintivo europeo da Bandeira Azul. Xunto ás de Canelas e Caneliñas, conforman as praias de Portonovo. Recibe o seu nome da aldea de Baltar, situada ó outro lado da estrada PO-308, que percorre a praia lonxitudinalmente.
Características
A praia está separada da estrada por un cordón de dunas formadas polo vento que levanta a area da praia e a empurra cara á súa zona posterior. Ente a duna e a estrada e ó longo da praia esténdese un paseo de madeira que une as localidades de Sanxenxo e de Portonovo. A praia esténdese dende a liña urbana da vila, a partir do peirao do Chasco, alcanzando uns 600 m de lonxitude, aproximadamente, até a rochosa Punta do Vicaño, que separa a praia de Baltar da de Silgar. É de area branca e fina, e con augas tranquilas, ó estar protexida polo promontorio de Punta Vicaño ó leste, e as instalacións do porto ó oeste. No citado peirao atópase o Club Náutico de Portonovo, entidade potenciadora dos deportes náuticos na zona. Tamén foi distinguido en 2016 cunha Bandeira Azul.
Aeródromo
Nesta praia existiu un aeródromo, onde voou a primeira muller piloto de Galicia, Elisa Patiño.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Praia de area branca · Praia urbana
Length 500 m
Elevation here ≈ 2 m · Terrain Tiles
Nearest town Portonovo, 601 m away
People in the municipality 17,990 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Baltar (Portonovo)105 m awayO Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · SX: Circular Sanxenxo-Villalonga-Lanzada-Sanxenxo · Liña Directa Portonovo-Sanxenxo E.A.-Pontevedra E.A. (AP-9) · Liña Directa Portonovo-Sanxenxo E.A.-Pontevedra E.A. (AP-9) · IES de Vilalonga-Portonovo (mercado) · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. (por PO-308)
- Sanxenxo (centro saúde)105 m awayCEIP de Portonovo-Depósito · CEIP de Portonovo-Depósito
- Baltar (Portonovo)138 m awayO Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · SX: Circular Dorrón (centro cultural)-Sanxenxo-Portonovo-Lanzada-Sanxenxo · SX: Circular Sanxenxo-Portonovo-Lanzada-Sanxenxo · IES de Vilalonga-Portonovo (mercado) · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. (por PO-308)
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.