Square
Praza do Rei
Vigo · Pontevedra
A praza do Rei é unha praza peonil situada no concello de Vigo. Recibe o seu nome do rei emérito Xoán Carlos I de España. Constitúe a praza onde se localiza o edificio administrativo do concello vigués. Foi inaugurada en 1976 polos daquela reis españois. Ademais da casa consistorial, na praza sitúase o Auditorio Municipal de Vigo e, detrás do edificio do Concello, o Castelo de San Sebastián. A praza comunícase coas rúas Cachamuíña, o paseo de Granada e o canellón do Esteiro. Tamén está comunicada mediante unhas escadas coa ronda de Don Bosco, e coa avenida das Camelias por unha pequena ponte peonil de aspecto similar á Ponte de Rande.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Rúa Camelias 6a 271 mSantiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · A Xunqueira-Vigo
- Praza Porta do Sola 287 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Praza Porta do Sola 296 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.