Castle

Tower of Quitapesares

Pombeiro · Pantón · Lugo

Tower of Quitapesares, castle en Pantón

Photo: Wikimedia Commons · Public domain · view the file ↗

Fortress in Pombeiro, Pantón, 635 m above sea level, 6.5 km from O Castro de Ferreira.

A torre de Quitapesares foi unha fortaleza construída na primeira metade do século XV polo Duque de Arjona, Fadrique Enríquez, nun lugar entre os ríos Sil e Miño, nun paso do Camiño Real entre Os Peares e Monforte de Lemos. Posteriormente foi abandonada.

Localización

Existe controversia sobre a súa localización, dentro do concello de Pantón. Hai fontes que a sitúan na aldea do Cotillón, na parroquia de Acedre, xunto ao curso do río Cabe, debido a unha mala interpretación dun documento do 17 de febreiro de 1591, onde Rodrigo Enríquez de Castro, conde de Lemos, aforaba a Álvaro de Lornís, aforado este anteriormente polo mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro; a frase da controversia foi "la mi possa de Quitapesares, que yo tengo e está en el monte de Cotillón cerca de Pombeiro". A asociación Segredos de Pantón, trala realización dunha investigación determinou finalmente que esta fortificación se atoparía na aldea da Torre de Vilamirón, na parroquia de Pombeiro . Na toponimia gárdanse marcados lugares cun significado relacionado á torre. Así, o lugar denominado como “Suatorre” fai referencia a "debaixo da torre". O lugar denominado “Forca”, clara alusión[Cómpre referencia] á construción para executar os condenados a morte e que está formada por dous paus verticais e outro horizontal colocados no extremo superior deste e do que colga unha corda cun lazo ademais de existir un prado chamado “Chaira da Forca”. Outra proba é que ó pé da Torre de Vilamirón está a aldea de Vilamirón, lugar relacionado co lugar de Penamirón, onde se atopa un castro, e de aí a derivación do seu nome. Co paso dos anos, a proximidade da Torre de Quitapesares a Vilamirón deu como resultado a coñecida Torre de Vilamirón. No Couto de Pombeiro antes da súa integración no de Santo Estevo de Ribas de Sil, non estaba comprendido o lugar de Cotillón. Sábese con certeza que a torre foi edificada na área de xurisprudencia do Couto, polo tanto a aldea estaba incluída. Xeograficamente é un lugar por onde pasa o Camiño Real proveniente de Bazal e próximos ós ríos Miño e Sil como ditara no seu día o Duque de Arjona. Na Carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán amósase no lugar da Torre de Vilamirón a Torre de Quitapesares.

Lenda

Na aldea da Torre de Vilamirón ao redor da Torre de Quitapesares existe a lenda, que explica desta forma o nome da torre medieval: "A unha raíña de España desaparecéralle o seu fillo, buscándoo e buscándoo atopouno aquí e mandou construír unha torre chamándoa Torre de Quitapesares, ao quitarlle os seus males ao atopalo”.[Cómpre referencia] Así a asociación cultural Segredos de Pantón, encargou unha banda deseñada sobre a devandita lenda. O cómic foi elaborado por El Fisgón histórico.

Planos

No Arquivo Histórico Provincial de Ourense consérvanse os planos da edificación.

Galería de imaxes

O colectivo Segredos de Pantón levou a cabo recreacións en 3D da desaparecida Torre de Quitapesares, en base aos planos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Fortified enclosure

Elevation here ≈ 635 m · Terrain Tiles

Nearest town O Castro de Ferreira, 6.5 km away

People in the municipality 2,351 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby