Protected area
Río Landro
Galdo · Viveiro · Lugo · 2004
Photo: Lala Lugo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Protected area in Spain, 18 m above sea level, 4.1 km from Viveiro.
O río Landro é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe parte das ribeiras do río Landro, desde case o seu comezo ata o interior do esteiro da ría de Viveiro, e do seu afluente o rego de Bravos. Esta área de conservación ocupa 127,19 ha. da mariña occidental lucense nos concellos de Ourol e Viveiro, comezando desde Bravos e Xerdiz e Miñotos e indo ata Vieiro e Magazos. Destaca pola presenza do salmón e polos hábitats de xunqueiras na marisma. Parte deste espazo cadra co monumento natural do Souto da Retorta, e nel están os eucaliptais de Chavín.
Fauna e flora
Flora
Os hábitats cos que conta a vexetación deste espazo van desde aqueles dos esteiro e as lameiras que o rodean, os prados e pasteiros, as matogueiras, os queirogais, así como os bosques de ribeira, tanto de monte como das abas das ribeiras. Nos bosques do río Landro teñen presenza os soutos e carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica, así como os bosques de ribeira de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior). As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Fauna
Entre a fauna compre destacar os mamíferos acuáticos, como as londras, e as ameixas perlíferas de río. Tamén, a presenza de 9 taxóns de aves con interese de protección, como o picapeixe (Alcedo athis) e a papuxa do mato (Sylvia undata). As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Lexislación
O río Landro foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural ten unha parte dentro de: O Monumento natural “Souto da Retorta”, de 3,19 ha.
Galería de imaxes
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Espazo natural protexido · Zonas de especial protección dos valores naturais
Area 128 m²
Elevation here ≈ 18 m · Terrain Tiles
Nearest town Viveiro, 4.1 km away
People in the municipality 15,091 (2025) · IGE
Getting there by bus
- A Parraguesa290 m awayA Viga (enlace I)-Viveiro E.A. · Viveiro E.A.-A Viga (enlace I)
- Galdo (igrexa)330 m awayViveiro E.A.-A Viga (enlace I) · Viveiro E.A.-A Viga (enlace I) · A Viga (enlace I)-Viveiro E.A. · Viveiro E.A.-A Rúa Nova · Galdo (igrexa)-Valcarría (igrexa) · Viveiro E.A.-A Viga (enlace I)
- CEIP Santa Rita464 m awayViveiro E.A.-A Viga (enlace I) · Viveiro E.A.-A Viga (enlace I) · Viveiro E.A.-A Rúa Nova · CEIP Santa Rita-As Quintás (enlace) · Viveiro E.A.-Abuín · VIVEIRO E.A.-ABUÍN
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
