Capilla

Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco

A Coruña

Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco, capilla en A Coruña

Foto: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Construcción religiosa en Coruña, a 14 m de altitud, a 292 m del Camiño Inglés.

A capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco é un templo relixioso do século XVIII situado próximo á Cidade Vella da Coruña.

Historia

A Terceira orde de San Francisco foi unha institución para segrares fundada por Francisco de Asís en 1221. O templo ten a súa orixe na capela que a orde terciaria dos Franciscanos, decidiu construír en 1680, nun terreo anexo ao antigo convento de San Francisco. O edificio actual, cun interior barroco, comezouse en 1746, dirixido primeiro por Simón Rodríguez e logo por José Vidal. Mentres que as ruínas do convento pasaron a propiedade militar en 1835, a capela non sufriu a desamortización por ser unha propiedade privada dos irmáns terciarios. Nas dependencias da capela atópase o arquivo da orde, con referencias dende 1674 sobre a capela, a presenza militar e datos urbanísticos e históricos da cidade. O arquivo foi inventariado parcialmente a principios do século XXI.

Descrición

A fachada do edificio actual é do século XIX, obra do arquitecto municipal Juan de Ciórraga. Acaroada á fachada consérvase a torre do antigo convento de San Francisco, que non foi trasladada co resto do edificio ao Paseo das Pontes. O acceso ao templo realízase por un amplo vestíbulo. A planta consta dunha única nave cunha sancristía acaroada ao lado da epístola. Nos flancos existen fornelas con retablos barrocos con marcos de pedra. O retablo maior, de estilo barroco, ocupa todo o testeiro. Débese a Domingo Antonio de Paredes e está datado en 1777, mais contén pezas doutro retablo anterior de 1690.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Datos

Qué es Capilla

Dedicado a Católica

Plantas 3

También llamado Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco · Capela da Venerable Orde Terceira

Altitud del punto ≈ 14 m · Terrain Tiles

Pueblo más cercano A Coruña, a 552 m

Camino de Santiago Camiño Inglés, a 292 m

En el municipio viven 251.277 (2025) · IGE

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Llegar en autobús

Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar