Capilla
Iglesia de la Virgen Peregrina
Pontevedra · 1779

A capela da Virxe Peregrina é un templo relixioso situado en Pontevedra, declarada Ben de Interese Cultural. Foi construída a partir do 18 de xuño de 1778, seguindo un proxecto de Antonio Souto costeado pola confraría da súa advocación. A primeira misa celebrouse o 2 de agosto de 1794. == Historia == A orixe da capela remóntase a 1753, ano no que se fundou unha congregación dedicada ao culto da Virxe do Camiño, que posteriormente deu lugar na Congregación da nosa Señora do Refuxio a Divina Peregrina. En 1757 elaborouse un altar para a imaxe da Virxe Peregrina na capela da Virxe do Camiño, o que se traduciu na aparición de problemas propios de ter dúas imaxes con diferente tutela (recollida de esmolas, repique de campás...). A xustiza e o goberno municipal, por estes e outros motivos, ordena sacar a imaxe e o retablo do templo, que se trasladan a unha nova capela de madeira nun soar extramuros, xunto á Porta de Trabancas. Dous anos máis tarde, ao abrirse unha canteira nun monte propiedade dun dos membros da congregación en Santo Amaro de Moldes ponse a primeira pedra do santuario. A súa construción remata en 1792, ano no que se penduran as campás, a porta, as vidreiras e máis tarde o adro, consagrado dous anos máis tarde. Cara a 1795, debido a unha treboada que causa graves danos ao templo, derrúbase parte da súa torre norte, e non será arranxada até 80 anos despois (1873), intre no que se instalan tamén dous pararraios. Non só a Capela sufriu mudanzas. A contorna no que nun inicio situouse a capela tamén mudou. A cidade sufriu unha importante remodelación urbanística desde mediados do século XIX, e o adro substituíuse por unha grande escalinata. En 1981 lévase a cabo a primeira restauración do Santuario para reparar danos estruturais importantes (había grandes fendas no edificio producidas por un desprazamento dos alicerces). Foi levada a cabo por César Portela e Xosé Bar Boo. O templo foi sometido a unha profunda rehabilitación entre 2007 e 2008, dado que debido ao peso da construción e a carencia de contrafortes, así como ao impacto de diversos raios, a edificación sufría serios danos. Tamén se restauraron as vidreiras, muros, a pintura e o reloxo da torre entre outros elementos. No ano 2011 foi declarada Ben de Interese Cultural. == Arquitectura == Ten planta de cuncha de vieira, símbolo dos peregrinos, con remate en cruz. É de estilo barroco tardío con formas neoclásicas, así como o seu retablo maior, de 1789. A imaxe central da patroa é do século XIX. A fachada, con tres fornelos coas figuras de san Roque, Santiago Apóstolo e santa María, ten dúas torres e unha alegoría da fe. Na entrada hai unha cuncha, que serve de pía de auga bendita, traída polo mariño Casto Méndez Núñez do océano Pacífico. O reloxo da torre foi instalado en 1896, procedente do Hospital de San Xoán de Deus. O chan de mármore foi instalado en 1964, por unha doazón de Manuel Durán. No seu adro hai unha fonte cunha estatua de Teucro. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Fernández Arruti, M. C.: La Capilla de Nuestra Señora del Refugio La Divina Peregrina; estudio histórico-artístico. Deputación de Pontevedra, 1988.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Para ir
Silla de ruedas Limitada
Chegar en bus
- Avda. Reina Victoria Uxíaa 291 mPonte da Barca-Pontevedra (X)
- Praza de Galicia (marquesiña)a 333 mMarín-Praza de Galicia (marquesiña) · Marín-Praza de Galicia (marquesiña) · PO:Praza Galicia-Montecelo-Monteporreiro (Circular L2) · Marín-Residencia Montecelo · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 398 mA Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Cuntis-Moraña-Porráns-Pontevedra · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Cuntis-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Al lado de este lugar
- Basílica de Santa María la MayorCatedral
- Monasterio de San Salvador de LérezMonasterio
- Monasterio de San Juan de PoyoMonasterio
- Muralla de PontevedraCastillo
- Fortaleza y Torres Arzobispales (Pontevedra)Castillo
- Pazo de Castro MonteagudoPazo
- Pazo de los Gago y MontenegroPazo
- Pazo de los Marqueses de ArandaPazo